publicidade hoxe

O Estudo de detalle das Burgas será elevado a aprobación definitiva no vindeiro Pleno do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A Comisión de Pleno ditaminou favorablemente a aprobación definitiva do estudo de detalle da área de intervención AI 10 do Decreto 187/2011, de 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do PXOM e se aproba a ordeación provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento, aprobado inicialmente en xaneiro deste ano e que tras a súa publicación do BOP no mesmo mes, notificouse aos interesdos que formularon as convintes alegacións.

O Concello recolle no Estudio de Detalle da zona das Burgas a proposta dun proxecto único a que obrigaba o Plan especial, recoñecendo a singularidade desta intervención para o conxunto da cidade. A intención prioritaria do estudo é “sentar as bases para o primeiro centro termal da cidade e que a intervención conte con aqueles mínimos que garantan a súa viabilidade como explotación económica empresarial en consonancia coas súas posibilidades hoteleiras, terapéuticas e lúdicas”.

O Proxecto de Reparcelación necesario para a aprobación definitiva do Estudo de Detalle, esteblece que o Concello pasa a ser o único titular do solo para poder acometer unha única actuación, reconvertindo a área de reparto AI-10, nunha única parcela de actuación.

Os propietarios iniciais dos terreo eran 6, ademáis do Concello de Ourense: 2 maioritarios, (Xardíns das Burgas, Baños de Outeiro) e 4 propietarios minoritarios. Todos serán indemnizados polo Concello. Para isto a aprobación do definitiva está vencellada coa existencia dunha partida asignada nos orzamento municipais do vindeiro ano por un importe aproximado de 1.050.000 euros

Así mesmo a Comisión de Pleno do Concello de Ourense ditaminou favorablemente cinco propostas de acordo que serán presentadas a aprobación por parte do Pleno do Concello do primeiro venres, día 7 de xuño:

– Aprobación definitiva da ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar do Concello de Ourense: O texto adapta a normativa municipal vixente ao Decreto 99/2012, de 16 de marzo, da Xunta de Galicia polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. A ordenanza foi aprobada inicialmente no Pleno Ordinario do mes de marzo e regula o funcionamento deste servizo, que o Concello presta a persoas maiores e dependentes, destinado a facilitarlles atención na súa vida cotiá coa finalidade de permitir a súa permanencia no contorno habitual. A ordenanza define aspectos como a natureza do servizo, os seus contidos e prestacións, os destinatarios e os seus deberes, as formas de prestación do servizo, modalidades de acceso a este e a participación no financiamento do servizo das persoas usuarias.

– Aprobación inicial da Ordenanza Municipal reguladora de actos de Natureza Urbanística: cos votos a favor de PSOE, PP e BNG e a abstención de Democracia Ourensana. A ordenanza é un instrumento para mellorar e axilizar os procedementos administrativos, contribuíndo a diminuír o tempo de obtención de autorizacións urbanísticas, coma as licenzas e facilitando a súa obtención, sen mermar a seguridade xurídica.

– Aprobación inicial da modificación da Ordenanza Municipal sobre Protección contra Ruídos e Vibracións, cos votos a favor do PSOE e BNG e abstencións de PP e Democracia Ourensana. A modificación na ordenanza introduce novas esixencias para locais, salas de conferencias e establecementos de restauración, mellorando o “confort acústico”, sendo o Concello de Ourense o primeiro de España que convirte en esixible unha recomendación do Código Técnico de Edificación.
Cos votos a favor do PP, PSOE e BNG e abstención de Democracia Orensana, dictamínase favorablemente a aprobación inicial do regulamento do Espazo Lusquiños da Mocidade. O regulamento ten como obxecto establecer as condicións de uso das instalacións e do material dos locais de ensaio do edificio de carácter municipal e dependente da Concellería de Xuventude, que se poñen á disposición da mocidade para que teñan espazos axeitados nos que expresar a súa creatividade e manifestacións artísticas.

– Aprobación definitiva da modificación da Ordenanza Municipal reguladora do Deber de Conservación, da inspección técnica de edificacións e da declaración de ruína do Concello de Ourense, cos votos a favor de PSOE e BNG e a abstención de PP e DO.

Moción conxunta sobre desafiuzamentos

Os 4 Grupos Municipais, Partido Popular, Partido Socialista, Bloque Nacionalista Galego e Democracia Ourensana, presentarán conxuntamente para a súa aprobación polo Pleno da Corporación unha moción na que se asumen e recollen as propostas da Comisión Cidadá sobre a problemática dos desafiuzamentos reunida no marco do Pacto Cívico, e que inclúen un teléfono de atención aos afectados polas hipotecas, en risco ou proceso de desafiuzamento, unha Base de Datos cos seus nomes e situación, apoio institucional e difusión pública, entre outras medidas.

31 de maio de 2013 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.