O domingo, contacontos para nenos de ata 3 anos de idade
O programa de propostas culturais, educativas, deportivas e sociais co que o Concello da Laracha celebrará conxuntamente o Día das Letras Galegas e o San Isidro Labrador comezará este domingo co contacontos titulado Entre arrolos e contiños que presentará a compañía pontevededresa Migallas Teatro no baixo da biblioteca municipal da Laracha este domingo a partir das 12.00 horas, con entrada libre e gratuíta.
A actuación ten unha duración aproximada duns 35 minutos e vai dirixida preferentemente a nenos de ata tres anos de idade, aos que se pretende espertar xa nos seus primeiros meses de vida o interese pola literatura e a tradición oral.