publicidade hoxe

O Cruceiro de Lestón xa conta coa nova praza pública acondicionada polo concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+
Tarefas de acondicionamento

Tarefas de acondicionamento

O lugar de O Cruceiro da parroquia de Lestón xa conta coa nova praza pública que o Concello da Laracha acondicionou na procura de crear un novo punto de encontro para os veciños da zona e protexer e resaltar a importancia do cruceiro que se sitúa neste lugar.

As obras concluíron esta mañá coa pavimentación, en aglomerado asfáltico en quente, do entorno da nova praza, co que tamén se melloraron a seguridade viarias e as condicións do tramo da estrada máis próximo aos accesos cara as vivendas.

Durante as últimas semanas xa se completaran as tarefas de delimitación con elementos de seguridade do ámbito da área verde, axardinamento, dotación co rego por aspersión automático e instalación do mobiliario urbano.

O proxecto supuxo un investimento total de 25.600 euros, que foron cofinanciados con fondos municipais e da Xunta de Galicia, neste último caso a través do programa FEADER.

O Concello da Laracha apostou, unha vez máis, por crear crear prazas públicas en zonas rurais, tal e como se veu facendo durante os últimos anos nas trece parroquias que conforman o municipio. Neste caso, a área de descanso de O Cruceiro de Lestón sitúase nun importante punto de encontro para os veciños da parroquia, por tratarse dun lugar emprazado a carón do centro sociocultural das Rañeiras e que, ademais, é engalanado cada ano durante a procesión na celebración das festas patronais.

21 de maio de 2013 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.