O Concello de Ordes inviste 123.000 euros na mellora das estradas de Buscás e da Espinica
O Concello de Ordes ven de investir 123.000 euros na mellora de dous dos seus viais máis transitados. Concretamente na estrada N 550 que transcurre pola parroquia de Buscás leváronse a cabo tarefas de asfaltado e melloras do firme, aplicación de conglomerado, apertura de gabias, quedando pendiente o remate das tarefas de pintado para unha vez que amaine a chuvia. Trátase dun tramo de máis de 3 quilómetros que amosaba unha serie de anomalías e fuchancas en gran medida dadas pola gran cantidade de precipitacións registradas nos últimos meses, así como pola gran cantidade de tráfico que por este vial transita, moito del pesado debido aos vehículos agrícolas e os empregados nas labores de tala de árbores efectuadas nesta zona. Tamén hai que mencionar a estrada que transcurre pola Espenica, unhas melloras moi demandadas pola veciñanza debido ao estado de deterioro que presentaba e que, igualmente ca anterior, se viu acrecentado polas chuvias registradas ao longo deste inverno.
Tal e como se explicara en sesión plenaria o Concello viuse obrigado a agardar a que as condicións meteorolóxicas posibilitaran estas intervencións e obras, as cales está incluidas no Plan de Obras e Servizos. Cabe especificar que dentro do investimento realizado inclúese o tratamento e xestión dos residuos xenerados.