Esgotadas as entradas para o monólogo de Quico Cadaval deste venres
O considerado mestre de todos os monologuistas galegos, Quico Cadaval, encherá a Casa da Cultura da Laracha este venres a partir das 22.00 horas coa última das súas historias, titulada Negro Ismael.
As 160 entradas que se puxeron á venda están esgotadas, polo que o éxito de público está garantido para presenciar o show do ribeirense, o cómico que mellor representa o humor galego.
Na próxima semana Sergio Pazos porá o punto final ao I Festival do Humor da Laracha, que contou en semanas anteriores con monologuistas da talla de Carlos Blanco e Luis Zahera.
As localidades para o show do ourensán (venres 31 de maio ás 22.00 horas) están á venda no Concello da Laracha ao prezo de 5 euros.