publicidade hoxe

Concedida unha axuda de 3.000 € ó Club do Mar Bueu para a súa participación en competicións oficiais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraProvincias
A-
A+

A Deputación concedeulle unha achega de 3.000 euros á ó Club do Mar Bueu co obxectivo de que poida seguir participando en competicións deportivas.

O presidente do Club, José María Mariño, reuniuse esta mañá coa deputada Begoña Estévez, que lle fixo entrega da resolución pola que se lle concede a antedita axuda. Así mesmo, o representante do club e a deputada provincial analizaron a marcha desta entidade, así como a súa traxectoria en campionatos de remoergómetro, unha modalidade de remo con gran popularidade nacional e tamén con tradición galega. A achega da Administración permitiralle manter a actividade imprescindible nas competicións desta categoría.

Esta axuda forma parte das achegas coas que a Deputación de Pontevedra vén apoiando ós clubs da súa circunscrición para manter a ampla rede de entidades deportivas, que fai de Pontevedra unha provincia referente no ámbito do deporte.

21 de maio de 2013 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.