publicidade hoxe

Apoio a recuperación da tradición das festas de Santo André de Xeve

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraProvincias
A-
A+

A deputada provincial Ana Isabel Vázquez recibiu esta mañá no seu escritorio do Pazo provincial á comisión de festas de Santo André de Xeve, formada por Gonzalo Filgueira e Ricardo Filgueira, que lle expuxeron o traballo que están a desenvolver para a celebración das festas da parroquia pontevedresa.

O calendario festivo iniciouse coa celebración do patrón Santo André na que actuaron as orquestras Televisión e Marbella e, segundo lle explicaron os membros da comisión a Ana Isabel Vázquez, agora traballan nos actos dos próximos meses, que comezarán coa celebración do Corpus o 9 de xuño e continuarán co San Roque o 15 e o 16 de agosto, o Carme o 18 do mesmo mes e o San Cándido o día seguinte, o 19.

A deputada provincial destacou que, con moito esforzo e traballo, os veciños de Xeve volven recuperar as súas festas patronais despois de non se celebraren durante varios anos. Nesta liña, salientou a importancia que teñen as comisións de festas para o mantemento da tradición e da cultura popular en toda a provincia e valorou o esforzo desta comisión en concreto.

Ana Isabel Vázquez púxose á súa disposición para colaborar en todo o que poida, tendo en conta as posibilidades da  institución provincial.

23 de maio de 2013 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.