publicidade hoxe

Adxudicadas 2.500 prazas para nenos nos campamentos da Lanzada e polideportivos do Centro Príncipe Felipe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraProvincias
A-
A+

A Deputación de Pontevedra adxudicou esta mañá as 2.500 prazas para participar nos campamentos da Lanzada e Polideportivos, organizados polo Centro Príncipe Felipe. A cobertura das prazas realizouse a través dun sorteo, no que estivo presente a deputada provincial Marta Iglesias xunto o secretario xeral do organismo, Carlos Cuadrado Romay.

O campamento da Lanzada ofertou un total de 2.200 prazas, distribuídas en once quendas comprendidas entre o 23 de xuño e o 7 de setembro, cun custo de 68 € por persoa, para un total de 3915 admitidos a concurso. No caso do campamento Polideportivo a oferta é de 300 prazas distribuídas en 6 quendas de 50 menores cun custo de 125 euros, á que optaron 447 rapaces.

O sorteo realizouse por quendas e para o procedemento  destináronselles 100 prazas a nenos e outras 100 para nenas. Do mesmo xeito, déuselles prioridade ós participantes que non asistiron ó campamento na campaña de verán do ano pasado, tal e como estipulaban as bases da convocatoria. En caso de renuncia a praza vacante ofreceráselle ós solicitantes que figuren nas relacións de espera, xa dispoñibles na web, tendo en conta que a baixa dun neno se cubrirá con outro neno e a baixa dunha nena cubrirase con outra nena.

Con esta iniciativa, e vista  a excepcional acollida recibida, a Deputación de Pontevedra pon en marcha un proxecto lúdico e educativo que inclúe unha programación con actividades encamiñadas a lograr un desenvolvemento persoal e social que favoreza á vez a comunicación e o dinamismo multicultural dos menores participantes.

16 de maio de 2013 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.