publicidade hoxe

Aberto o 2º prazo de inscrición para asistir ó I Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoProvincias
A-
A+

O interese xerado polo I Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO desbordou as previsións máis optimistas. As 200 prazas inicialmente previstas -ese é o aforo límite do Salón de Actos do Pazo de San Marcos-, esgotáronse ás 6 horas de aberto o prazo. Dende hoxe están dispoñibles outras 150 prazas que, coma as anteriores, se distribuirán por rigosorosa orde de inscrición e que permitirán seguir en directo, a través da pantalla xigante que se instalará, todo o que aconteza os días 7 e 8 de xuño. Os interesados poderán formalizar as súas solicitudes en www.deputacionlugo.org e www.inlugo.com. A participación é totalmente gratuíta.

Esta non é a única opción dispoñible, xa que o congreso #INLUGO poderá ser seguido en streaming dende calquera parte do mundo a través da rede, tamén de xeito totalmente gratuíto.

#INLUGO, enmarcado na aposta da Deputación pola economía do coñecemento, está cofinanciado nun 80% pola Unión Europea. Baixo o eslogan “Internet cerca de ti”, este congreso reunirá, por primeira vez, a máis de 30 recoñecidos profesionais en España, de sectores como o xornalismo, turismo, tecnoloxía, emprego, marketing online ou acción social, cuxos blogs e redes sociais contan con milleiros de seguidores. Estes profesionais abordarán, a través de ponencias e debates, temas coma os cambios que está provocando Internet na sociedade. Tamén haberá espazo para a innovación e o emprendemento, coa presentación de proxectos nos que se empregan as redes sociais como medio de expresión e negocio, ou cunha mesa redonda na que se abordará como a Rede pode impulsar empresas ou produtos.

23 de maio de 2013 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.