A dramatización “Rosalía pequeniña” en Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPontecesures
A-
A+

24052013-5O espectáculo Rosalía pequeniña, baseado nun libro-disco ilustrado impulsado por Uxía e Editorial Galaxia con composicións musicais sobre poemas de Rosalía de Castro, achégase a Pontecesures  a través da Rede de Dinamización Linguística. 

Ser á o vindeiro domingo  ás 18.00 horas, no Centro Social de Pontecesures, cando terá lugar este concerto, organizado pola Consellería de Cultura e Educación. A cantante Uxía Senlle, acompañada do músico Sérgio Tannus, interpretará textos musicados co obxectivo de que «os cativos canten en familia, durante e despois do concerto, textos en galego interpretados a ritmo de muiñeira, rock, balada ou de blues», según se resaltou na presentación do programa. A meirande parte dos textos son de Rosalía, ainda que tamén inclúense outros de Curros Enríquez e Luis Emilio Batallán.

24 de maio de 2013 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.