publicidade hoxe

A Deputación destina 2,2 millóns de euros ó financiamento dos servizos sociais básicos nos 53 concellos de menos de 20.000 habitantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraProvincias
A-
A+

A Deputación de Pontevedra destinará este ano un total de 2.196.530 de euros ó financiamento de servizos sociais básicos nos 53 concellos de menos de 20.000 habitantes que hai na provincia. Os concellos que decidan acollerse a estas axudas deberán asinar un convenio de colaboración que o Goberno provincial aprobou esta mañá na súa Xunta semanal.

Segundo se recolle neste acordo, a achega que a Deputación destinará ós servizos básicos municipais permitirá cubrir o 80% do financiamento do servizo de atención no fogar, da retribución do persoal dos centros de servizos sociais comunitarios e do persoal técnico dos equipos municipais con perfís complementarios ós do traballador social, como auxiliares administrativos, psicólogos ou educadores.

Pola súa banda, os concellos que se sumen asumirán o 20% restante do custe dos servizos. Deste xeito aténdese a unha necesidade prioritaria que teñen os concellos como é a atención social.

Grazas a esta axuda daráselle cobertura a unha poboación total de case 400.000 habitantes e fináncianse os postos de traballo dunhas 400 persoas que traballan na provincia nos servizos sociais básicos.

10 de maio de 2013 | 20:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.