publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra destina 314.000 euros ás escolas deportivas provinciais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraProvincias
A-
A+

A Deputación de Pontevedra destina 314.000 euros ó financiamento das escolas deportivas que ten en marcha esta administración en 53 concellos da provincia.

A deputada provincial entregou esta mañá ós responsables deportivos das escolas as resolucións polas que se lle conceden as achegas económicas necesarias para o mantemento desta actividade que pretende fomentar o deporte entre os máis pequenos.

En total son preto de 8.000 os nenos que neste curso 2012-2013 puideron practicar unha das 9 modalidades deportivas que se imparten nas 247 escolas que a Deputación ten distribuídas por toda a provincia.

As tres escolas máis numerosas percibiron as seguintes contías: 75.000 euros a de balonmán, que conta con 2.500 alumnos; 85.000 euros a de fútbol, con 1.900 alumnos e, finalmente, 50.000 a de patinaxe, na que participan 1.300 cativos.

A escola deportiva de piragüismo, que comezou a funcionar neste curso 2012-2013 e que conta con algo máis de 800 alumnos, percibiu unha achega de 35.000 euros; a mesma cantidade que a de judo, que conta con 550 nenos inscritos.

Pola súa banda, a escola deportiva de rugby percibiu 18.000 euros para atender a 400 rapaces e a de atletismo, con 150 alumnos, recibirá 16.000.

13 de maio de 2013 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.