publicidade hoxe

A Deputación de Lugo colabora co Festival de Música Cidade de Lugo cun concerto de música barroca na Capela de Santa María

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoProvincias
A-
A+

A Deputación de Lugo colabora co Festival de Música Cidade de Lugo convertindo a Capela de Santa María nunha sala de concertos con motivo da celebración da XLI Semana de Música do Corpus, evento veterano que levará novamente a música clásica a diferentes escenarios da cidade entre hoxe e o 12 de xuño.

Así, o conxunto Camerata Boccherini ofrecerá un recital que incluirá seis pezas barrocas de músicos coma Vivaldi, Handel, Couperin e Brescianello. Esta formación está especializada en música deste período, que interpretan con instrumentos propios da epóca. De feito, o seu director e fundador, Massimo Spadano, é un prestixioso investigador da música antiga, así coma dos instrumentos empregados na súa interpretación.

Camerata Boccherini debutou coma cuarteto no 2003, ano da súa creación, precisamente neste mesmo Festival lucense, e a día de hoxe conta xa con numerosas participacións en prestixiosos ciclos musicais e gravacións das súas interpretacións.

O concerto celebrarase na Capela de Santa María ás 21:00 horas, e a entrada é totalmente gratuíta, estando o aforo limitado unicamente á capacidade do recinto.

31 de maio de 2013 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.