A corporacion municipal acorda solicitar á Xunta que asuma a xestión da depuradora de Ponte Caldelas
O Pleno da Corporación Municipal aprobou, por unanimidade dos tres grupos municipais (PP, PsdeG-PSOE e BNG), solicitar á Xunta de Galicia que asuma a xestión da depuradora municipal de Ponte Caldelas. O mantemento das EDAR supera, na actualidade, os 200.000 euros anuais, dos cales só a de Ponte Caldelas, que dá servizo á zona urbana, Caldelas e Pazos, rolda os 140.000 euros de custo.
Unha vez que o Pleno, por unanimidade, deu luz verde a esta petición, o Concello iniciará os trámites oportunos ante o organismo autonómico. O feito de que a depuradora municipal sexa xestionada pola Xunta non supoñerá alteración ningunha sobre o recibo que pagan os cidadáns xa que o Concello de Ponte Caldelas aplica, dende xaneiro no recibo da rede de sumidoiros, o coeficiente de vertedura ou taxa de depuración, aprobada pola Xunta o pasado ano e que ten por obxecto contribuír ao sostemento das depuradoras do municipio.
Este coeficiente de vertedura, ou taxa de depuración, aplícase dende xaneiro a todos os usuarios do servizo de saneamento, con independencia de se a EDAR a xestiona a Xunta ou o Concello e é un dos condicionantes que establece a administración autonómica para conseguir a explotación da depuradora.
A medida supoñería un aforro importante para as arcas municipais, ademais de ser parte das competencias impropias que asume o Concello, ao tempo que os veciños manteñen un servizo en óptimas condicións sen que se vexa incrementada a presión impositiva.
Precisamente, e por ese motivo (a contención impositiva), o Concello de Ponte Caldelas decidiu xa a finais de 2012, conxelar unha vez máis todas as taxas municipais (lixo, auga IBI, vehículos, etc.) co fin de diminuír no posible o impacto impositivo nos veciños de Ponte Caldelas, precisamente nesta época de especial dificultade pola que atravesan as familias.
SERVIZO DE AXUDA NON FOGAR
Por outra parte, o Pleno decidiu (cos votos a favor do PP e a abstención de PSdeG e BNG) volver sacar a concurso o Servizo de Axuda non Fogar para garantir unha maior seguridade xurídica ao futuro adxudicatario atendendo as recomendacións da Mesa de Contratación que observou, ao abrir os sobres “C” a existencia de diversas proposicións que non atendían ao modelo, así como a existencia de defectos non subsandables nos pregos, en concreto no prezo dentro dos criterios avaliables mediante fórmulas, xa que se estableceu a valoración dun único prezo cando no prego existían dous: un, para os días laborables, e, outro, para sábados, domingos e festivos, o cal determinaba a imposibilidade de levar a cabo as correctas valoracións das ofertas.
Así, o Pleno decidiu desistir do procedemento de contratación para a adxudicación do contrato de xestión do Servizo Público de Axuda non Fogar (SAF) na súa modalidade de concesión, por procedemento aberto e notificar a todos os licitadores que participaron no devandito procedemento, así como publicalo no Perfil do Contratante do Concello de Ponte Caldelas. Así mesmo, tamén se aprobou o inicio dun novo procedemento de contratación, unha vez emendadas as deficiencias ou erros que motivaron o desestimiento.
DESESTIMADA A RECLAMACIÓN DUNHA EMPRESA, QUE NON CONCURSOU
Noutra orde de cousas, sinalar que en relación con este concurso, pero por motivos moi diferentes se decidiu, cos votos favorables do PP e a abstención de PSdeG e BNG, -unha vez analizados os informes de Secretaría e Intervención, así como Servizos Sociais del Concello e o Servizo de Asesoría Municipal de la Diputación de Pontevedra- desestimar o recurso de reposición interposto por unha empresa, que non concorreu ao proceso selectivo, e ratificar a súa legalidade atendendo a fundamentos xurídicos contidos nun informe emitido polos técnicos o 16 de abril de 2013.
Finalmente, o Pleno coñeceu varios informes presentados sobre a adhesión a varios convenios con distintos entes e administracións como un asinado con Deputación sobre cofinanciamento dos Servizos Sociais comunitarios municipais ou outro de colaboración entre o Conselo Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a FEGAMP sobre detecció de supostos de vulnerabilidade con ocasión do lanzamento de vivenda familiar e medidas de carácter social.
Tamén se procedeu á aprobación, coa abstención da oposición, dos prezos do contrato de recollida selectiva de residuos sólidos urbanos, prestados pola empresa URBASER, tal e como viña contemplado nas estipulacións do servizo e que corresponden á suba do IPC, modificación que rexe habitualmente na lei de contratos da administración pública. Esa suba non supoñerá ningún incremento no recibo que pagan os veciños pola recollida de lixo.
No apartado de rogos e preguntas, o voceiro do PSdeG-PSOE, Andrés Díaz, decidiu deixar sobre a mesa a súa proposta de resolución relativa á defensa do mantemento dos Xulgados de Paz unha vez que o alcalde, Perfecto Rodríguez, lle informou do acordo unánime existente entre os tres grupos políticos na executiva da FEGAMP relativa a este tema co que se decidiu facer unha redacción conxunta das tres formacións facendo especial fincapé nos efectos que a modificación da lei actual supoñería para Ponte Caldelas. O compromiso é someter, o texto consensuado, a aprobacion do próximo Pleno, con toda probabilidade no próximo mes de xuño coincidindo coa aprobación do novo prego do concurso do Servizo de Axuda non Fogar (SAF).