Lugo e ”la Caixa” presentan unha exposición sobre o paso do home de nómada a sedentario
José López Orozco, Alcalde de Lugo; Marc Arthur Benhamou, director territorial de “la Caixa” en Galicia; e Luís Reverter, secretario xeral da Fundación “la Caixa” presentaron hoxe a exposición Neolítico. De nómadas a sedentarios.
No acto, o Alcalde agradeceu a “la Caixa” que volva traer á nosa cidade unha exposición desta importancia e salientou que a mostra “recrea o noso pasado e tamén debe servirnos para darnos esperanza ó ver a evolución e os retos que foi quen de superar o home”.
López Orozco sinalou que hoxe vivimos “unha etapa moi complicada, estamos vivindo unha nova revolución que fai sufrir a moita xente e que nos levará a unha sociedade nova e a unha nova dimensión do ser humano” e tamén considerou que é necesario un gran pacto dos partidos políticos e os axentes sociais “que debe servir para fortalecer a nosa esperanza e para fortalecernos a todos como país”.
Pola súa parte, Luis Reverter destacou que Lugo é a primeiro lugar de Galicia no que se pode ver exposición, que xa é a décimo novena que trae a Fundación “la Caixa” á nosa cidade grazas á colaboración do Concello. Tamén salientou que a mostra, que repasa o descubrimento da agricultura, a gandeiría e a cerámica e o nacemento dos primeiros asentamentos permantes, é continuidade da que puidemos ver en 2010 sobre a evolución do home ata que aprendeu pintar as covas.
A exposición
“Neolítico. De nómades a sedentarios” poderá visitarse do 30 de abril ao 30 de maio de 2013 na carpa situada na Praza Horta do Seminario, na avenida de Ramón Ferreiro en Lugo.
O concepto Neolítico serve para definir o período de cambio decisivo na evolución cultural da nosa especie. A exposición itinerante da Obra Social “la Caixa”, Neolítico. De nómadas a sedentarios, reproduce, a partir de diversos recursos museográficos, os fitos culturais e zonas xeográficas nass que se desenvolveu o Neolítico.
O contido da mostra Neolítico. De nómadas a sedentarios estructúrase orredor de cinco ámbitos cronolóxicos:
Os derradeiros cazadores e recolectores: O Mesolítico. Hai entre 13.000 e 11.000 anos
O primeiro ámbito da exposición actúa como introdución. O Mesolítico é a etapa de transición entre o Paleolítico e o Neolítico ou, o que é o mesmo, entre a Idade da Pedra Antiga e a Idade da Pedra Nova. No Neolítico. De nómadas a sedentarios, o visitante é recibido por unha escenografía a tamaño real que podería representar o xacemento de al-Wad no Monte Carmelo (na actualidade, Israel). Esa escea transporta á vida nas cavernas, pero xa cunha recolleita selectiva de cereais, e un animal que actúa como compañeiro do home e non como presa. Ademais, amósase o xeito de vida deses derradeiros cazadores-recolectores no seu hábitat máis característico: a cova ou abrigo. Un mapa e unha táboa cronolóxica situarán xeográfica e temporalmente ó visitante.
A agricultura. Neolítico Precerámico A. Hai entre 11.000 e 10.000 anos
Son os comezos do período Neolítico, contémplase o paso da cova á casa e da recolleita selectiva á agricultura. Os restos máis significativos deste período atópanse en Jericó, no val do Xordán. Os seus muros estaban feitos a man e é o exemplo máis antigo que se coñece do emprego de ladrillos de barro. O xacemento de Xericó é un exemplo de sociedade na que, por primeira vez, se desenvolve a agricultura. Unha reconstrucción dunha cabaña circular do asentamento de Xericó, a tamaño real, amosará ós visitantes a tipoloxía das primeiras vivendas estables.
Cas prácticas agrícolas adaptouse a produción de alimentos ás necesidades do grupo, cultivábanse unhas especies determinadas, sobre todo cereais (trigo e cebada) e, seguramente, algúns legumes. Este ámbito tamén aborda outras cuestións relacionadas coa agricultura, como son o seu estudo arqueolóxico, os mitos relacionados coa orixe desta actividade, a importancia dos cereais na nosa propia evolución, e os primeiros vexetais cultivados en diferentes lugares do mundo.
A gandeiría. Neolítico Precerámico B. Hai entre 10.000 e 9.000 anos
Ó igual que a agricultura, a gandeiría é un sistema controlado de produción de alimentos mediante o que el home intervén na natureza, transformándoa no seu propio beneficio. A verdadeira gandeiría aparece no Oriente Medio, coa domesticación de cabras e ovellas, e algo máis tarde dos bóvidos. Ademais de contemplar a vida cotiá neste período, reprodúcese a escala reducida unha cabana rectangular do poboado de Xarmo. Este poboado serve como exemplo para amosar un dos primeiros asentamentos nos que se criaban animais para a súa explotación e consumo.
Ademais de coñecer o debandito poboado do Kurdistán iraquí, e outros asentamentos contemporáneos, neste terceiro ámbito a mostra aborda outras cuestións relacionadas coa gandeiría, como a importancia deste sistema na evolución social do home, os métodos de extudo arqueolóxico, os primeiros animais domesticados en diferentes lugares do mundo, e a explicación mitolóxica que existía na antigüidade sobre a orixe desta actividade en lugares tan distintos como Grecia, Roma, ou a Galia.
A cerámica. Neolítico Cerámico. Hai entre 9.000 e 6.000 anos
Sen dúbida, a cerámica supuxo a innovación tecnolóxica máis importante do Neolítico. Era a primeira ocasión na que non se produce a transformación dunha materia prima, senón que se integran diversos elementos para conformar un novo material. Ademais, a cerámica, grazas ás súas decoracións e formas, permitiu detectar culturas e cronoloxías diferentes.
Anatolia é un dos focos neolíticos máis importantes nesa época. Neste sentido, Çatal Hüyük é, sen dúbida, o mellor exemplo posible. Este poboado, en Turquía, contaba con casas adosadas entre sí que formaban una gran mazá. Este feito facía innecesaria a construcción de murallas defensivas e obrigaba á comunicación polos tellados. Estas vivendas tiñan vigas de madeira e paredes de adobe enlucidas. Ademais, algunhas das súas habitacións considéranse santuarios porque contaban con efixies modeladas, cornos de touro, pinturas,…
Neolítico. De nómadas a sedentarios conta cunha reprodución a escala reducida dunha casa e un santuario de Çatal Hüyük, e permitirá coñecer outros importantes asentamentos contemporáneos. A mostra analiza a evolución de formas e decoracións cerámicas, faise eco da importancia dos primeiros símbolos pintados, e repasa as primeiras cerámicas producidas en lugares tan diferentes como Oriente Medio, América, Este de Asia, Europa Oriental, Europa Occidental, Xapón, India e Exipto.
A escritura. Calcolítico. Hai entre 6.000 e 5.000 años
O Calcolítico, ou Idade do Cobre, fai referencia ós primeiros traballos de fundición de metais. Éste non é o maior logro desta época, xa que é daquela cando se fundan, tamén, as primeiras ciudades, e pouco máis tarde utilízanse as primeiras escrituras. As taboiñas de arxila de Uruk (Irak) conteñen os máis antigos exemplos coñecidos de escritura. Nesas primeiras taboiñas consignábase a cesión de produtos como grao, cervexa ou gando; ou eran listas de palabras que os escribas utilizaban para aprender a escribir. Esas primeiras escrituras eran de tipo pictográfico, e nelas aparecían símbolos como animais, cereais ou o sol.
Durante o período Uruk, as innovaciós que xurdiron constitúen unha auténtica “revolución urbán” que, ademais da invención da escritura, supuxo o desenvolvemento das cidades e a formación de estados. Na mostra tamén se poderá contemplar unha escea de transacción comercial de hai máis de 5.000 anos. Igualmente, os visitantes poderán aprender a descifrar a escritura pictográfica e a cuneiforme (caracteres en forma de cuña que se convertiron en código escrito). Neste ámbito tamén se recollen exemplos das primeiras escrituras en lugares como Oriente Medio (pictográfica sumeria), América (pictograma Olmeca), Este de Asia (Shang), India (cultura Harappa), Exipto (xeroglífica), Exeo (lineal B), Mediterráneo occidental (ibérica), Mediterráneo oriental (semítico)…











