Curso de inglés no Espazo Xove de Pontedeume
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado conovoca un curso de Inglés no ESPAZO XOVE DE PONTEDEUME, dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Centros de Xuventude 2013.
Obxectivo: recoñecer información profesional e cotidiana contenida em todo tipo de discursos orales emitidos por cualquier medio de comunicación en lengua estándar, interpretando con precisión o contido da mensaxe.
Destinatarios: persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos que dispoñan do Carné Xove.
Criterios de selección: Por orde de inscrición. Resérvase un 50% de prazas para o persoal da Rede galega de información xuvenil, e un 7% para persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. No caso de non cubrirse as prazas reservadas nalgún dos grupos pasarán aos outros.
Contidos:
– Análisis de mensaxes orais.
– Interpretación de mensaxes escritos.
– Producción de mensaxes orais.
– Mantemento e seguemento do discurso oral.
– Emisión de textos escritos.
– Relacións lóxicas: oposición, concesión, comparación, condición, causa, finalidade e resultado.
– Relacións temporais: anterioridade, posterioridade e simultaneidade
– Coherencia: textual.
Duración: 160 horas.
Número de prazas: 30
Metodoloxía: O curso realizase na modalidade a distancia, con un exame presencial que terá lugar no Espazo xove de Pontedeume.
Datas de realización: do 22 de abril ao 19 de xuño de 2013.
Exame final presencial: O exame final terá lugar o mércores 19 de xuño ás 17.00 horas, no Espazo Xove de Pontedeume.
Prazo e lugar de inscrición:
O prazo de inscrición remata as 14.00 horas do luns 15 de abril de 2013.
A inscrición no curso realizarase mediante o seguinte formulario de solicitude











