Bolsas na Oficina de Información Turística do Concello de O Rosal
O Concello do Rosal convoca unha bolsa de colaboración, para a realización de prácticas nas oficinas de turismo do concello do Rosal, entre o 1 de xullo e o 31 de agosto de 2013.
Requisitos:
Estar en posesión do título de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas ou de Técnico Superior en Información e Comercialización Turística.
Non ter cumpridos 31 anos de idade na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Acreditar o coñecemento de lingua galega, nivel Celga IV.
Prazo: 24 de abril de 2013. Máis información: BOP de Pontevedra do 9 de abril de 2013 e na OMIX do Rosal, teléfono 986 625 000.











