Axudas económicas individuais a galegos/as residentes no exterior
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes das Axudas económicas individuais de carácter social dirixidas a emigrantes galegos/as residentes no estranxeiro que posúan a nacionalidade española e a determinados/as familiares, que se atopen en situación de necesidade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria.
Orde da convocatoria: Resolución do 5 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convoca e se regula o programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o exercicio 2013. (D.O.G. nº 49 de 11 de marzo de 2013).
Entidade convocadora: Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 11.03.2013
Estado: Procedemento Aberto
Destinatarios/as:
– Os/as emigrantes galegos/as e os/as seus fillos/as, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galego/a de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia. A forma de acreditar dita condición de galego/a sinálase no artigo 14º das bases.
– Os/as netos/as de emigrantes galegos/as, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galegos/as de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e acrediten un ano de residencia continuada en Galicia.
– No caso de falecemento das persoas indicadas nos puntos 1 e 2, poderán ser beneficiarios/as por unha única vez das axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave, o/a seu/súa cónxuxe viúvo/a, os/as seus fillos/as, a parella de feito ou relación análoga, sempre e cando non transcorresen máis de quince meses dende o falecemento e non fosen beneficiarios o ano anterior.
Supostos de necesidade:
– Situación de dependencia ou enfermidade grave do/a solicitante.
– Situación de dependencia ou enfermidade moi grave no seo da unidade familiar.
– Invalidez ou enfermidade permanente do/a solicitante.
– Cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas o graves, cando teñan un custe elevado.
– Axudas para as mulleres que sufran violencia de xénero.
– Situación de desemprego na unidade económica familiar.
– Situación de precariedade na unidade familiar.
Lugar de presentación das solicitudes:
En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
En Brasil:
-Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
-Real Sociedad Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.
-Sociedad Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao en São Paulo.
-Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas en La Habana
En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
Ou na Secretaría Xeral da Emigración (Basquiños, 2 – 15704 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 20.04.2013











