As obras do Pazo de Liñares permitiron rehabilitar elementos singulares da zona máis noble

Obras de mellora
Un dos traballos máis técnicos, precisos e coidadosos que se acometeron na rehabilitación do Pazo de Liñares foron os que se levaron a cabo cos escudos, plafóns e as distintas pinturas murales situadas, principalmente, no salón noble do edificio mandado construír por Álvaro Núñez Taboada a finais do século XVII e que se atopaban deteriorados polo paso dos anos e a acción de axentes atmosféricos, humidade, etc.
Uns traballos que foron acometidos conforme ao proxecto de Miguel Suárez Regueiro – Licenciado en Historia del Arte, Técnico Superior en Conservación Restauración_. A dirección de obra correu a cargo de Carlota López Brea -Licenciada en Historia del Arte, Técnico Superior en Conservación Restauración, natural de Fontao na comarca de Deza- que estivo acompañada da técnico Virginia Palmeiro Sampaio -Licenciada en Historia del Arte, Técnico Superior en Conservación Restauración- e de Beatriz Suárez Saa Licenciada en Bellas Artes, Técnico superior en Artes Aplicadas- que se encargou da reprodución de pinturas murales.
Os traballos de recuperación centráronse en varias pezas lígneas e en pinturas murais, como os zócalos do salón noble e as pinturas de cans repartidas en varias salas. O grupo de pezas lígneas compóñena dous plafóns e tres escudos situados no salón noble, no que da acceso ao fermoso solarium. Un cuarto escudo que se perdeu foi reproducido seguindo a imaxe dos existentes. No que atinxe as pinturas, recuperáronse dous tramos de zócalo orixinal na parede que da ao solarium e reproducíronse os patróns da decoración mural dos recuperados, seguindo técnicas tradicionais, no resto dos tramos de todo o salón, que eran irrecuperables polo mal estado da parede.
PEZAS LÍGNEAS
Unhas das pezas recuperadas máis espectaculares son, sen d perviviron tres de eles, sendo o cuarto recreador co mesmo estilo dos anteriores.úbida, os escudos en madeira que coroan o salón nobre. Trátase de tres heraldos en madeira de castaño plicromada e dourada que presentan os emblemas das familias Taboada, Mosquera y Suárez de Deza e López de Lemos. Nestes escudos, o campo central das pezas decorase con fondo en laca azul obscura e os emblemas das familias en dourado, rodeado por unha moldura lisa. Sobre o campo, unha coroa con remates en forma de flores.
Na época de maior esplendor do Pazo de Liñares, a finais do século XVIII, eran catro os escudos encravados no teito, aínda que só perviviron tres de eles, sendo o cuarto recreado co mesmo estilo dos anteriores. Os blasóns de esta edificación barroca que poñen o toque de nobreza a sala principal, son sinais de distinction da estética propia do século XVIII, como confirma a policromía utilizada.
As pezas estaban enmarcadas na súa época de esplendor -antes de 1920, cando a familia Taboada abandou o pazo- por pinturas murais a modo de orla que pola súa técnica de pintado en seco con pigmentos industriais fan difícil a súa cronoloxía e complicaron a súa conservación.
O primeiro dos escudos, o do ángulo nororeste, recolle catro barras e nove caldeiros en ouro. Estes últimos en alusion á condición de rico-hombre e asocianse ao poder e a riqueza. É o escudo dos Taboada. O blasón do ángulo noroeste, presenta cinco cabezas de lobo e tres flores de lis, e fai alusión aos Mosquera . O terceiro, o do ángulo suroeste, é de dificil interpretación porque combina diversos motivos, e a súa figuración podería corresponder aos Suárez de Deza no lado esquerdo e aos López de Prado no dereito. Un castelo que se levanta entres as olas nas que aparecen tres peixes no marxe esquerdo e tres círculos de ouro no dereito.
Os heraldos atopábanse moi deteriorados e en moi mal estado de conservación, estando principalmente afectada a policromía e o soporte, ao presenter dende pudrimentos nalgunhas partes hasta fungos noutras. As actuacións consistiron na limpeiza mecánica dos soportes, aplicación de tratamentos antixilófagos, consolidación das pezas de madeira orixinais , reencolado e reforzo das grietas ou as xuntas abertas e a reintegración volumétrica e estructural. Tratmén se acometeu o tratamento e rexeneración dos elementos metálicos de suxección e a protección da madeira sen policromía.
En canto a capa pictórica, os técnicos dirixidos por Carlota López procederon á limpeza mecánica do anverso, á fixación da policromía e das escamas, limpeza química dos elementos con cor, o estucado das lagoas e a reintegración cromáticas que no caso das zonas douradas se realizou pola técnica do puntillismo e no campo central pola técnica de rigattino.
O cuarto escudo reproduceuse imitando os volúmenes e decoracións dos heraldos que sí se conservan, pero deixando o campo central en liso. Foi realizado polo artesano ebanista Alfonso Blanco en madeira de castaño antiga tratada. As zonas de lacas imítanse mediante aguadas de acuarela nos tonos das lacas orixinais,
Unha vez recuperados os emblemas, reutilizáronse os orificios orixinais dos clavos que os sustentaban sustituíndoos por tornillos de aceiro inoxidable.
PLAFÓNS
O teito da sala nobre complétase con sendos plafóns circulares en madeira de castaño que foron concebidos con decoracións policrómicas a base de lacas coloreadas, dourado e corladura de prata. Antes de comezar a obra, unha das pezas apenas conserva policromía e as “S” de madeira de castaño que a decoran xa se perderon ou están en mal estado. Dada as similitudes, estes plafóns complementanse cos escudos presentes nas esquinas e dadas as similitudes estéticas considéranse coetáneos aos anteriores formando un único conxunto estético.
O tratamento ao que foron sometidos estes plafóns e moi semellante ao levado a cabo no caso dos escudo
PINTURAS MURAIS
A pintura orixinal da sala nobre é sinxela e realizada con pintura á cal sobre un fondo asimismo de cal. Ten carácter decorativo e reproduce continuamente os motivos en cada un dos tramos ao arredor do salón. Os motivos son paños con guirnaldas e outros motivos florais combinados con panos con motivos decorados en azul realizados en trazos circulares.
A recuperación das pinturas cíngueuse a dous tramos entre as portas de acceso ao solarium no muro sur do Pazo, onde estaban as zonas menos afectadas, xa que na parede norte do salón o arrastre de materiais polas filtracións deixounas moi afectadas . A actual policromía que se observa é en gran parte un repinte que repasa por riba a policromía orixinal. Os traballos que se acometeron serviron para a limpeza, consolidación e recuperación das pinturas neses dous tramos da fachada sur e a recreación no resto dos tramos.
FIGURAS DE ANIMAIS
Ademais, recuperáronse as pinturas de dous animais na sala aledaña ao salón principal e noutra situada trala gran cociña, no actual acceso a baixo cuberta. Trátase de dous cans situados en sendos almofadóns. Estas pinturas tiñan un fin decorativo e representaban a mascotas da familia. A técnica da súa realización é a base de pinceladas soltas, esquematizando a figura do animal base de tonos negros e grises. A diferencia dos murais da sala principal, semellan estar realizadas en pintura oleosa.
Antes da restauración estaban afectadas por manchas de humidades, irregularidades e ocos. O tratamento realizado polos restauradores permiteu a restauración de estes singulares elementos que se repiten en outras construcións pacegas.











