Animación Cultural no Espazo Xove de Pontedeume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontedeumeXuventude
A-
A+

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado conovoca un curso de Animación Cultural no ESPAZO XOVE DE PONTEDEUME, dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Centros de Xuventude 2013.

Obxectivo: organizar, dinamizar e avaliar proxectos de animación cultural.

Destinatarios: persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos que dispoñan do Carné Xove.

Criterios de selección: Por orde de inscrición. Resérvase un 50% de prazas para o persoal da Rede galega de información xuvenil, e un 7% para persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. No caso de non cubrirse as prazas reservadas nalgún dos grupos pasarán aos outros.

Contidos:

1.  Pedagoxía da intervención cultural.

2.  Desenvolvemento de proxectos de animación cultural.

3.  Recursos da animación cultural

Duración: 80 horas.

Número de prazas: 25

Metodoloxía: O curso realizase na modalidade a distancia, con un exame presencial que terá lugar no Espazo xove de Pontedeume.

Datas de realización: do 22 de abril ao 5 de xuño de 2013.

Exame final presencial: O exame final terá lugar o mércores 5 de xuño ás 17.00 horas, no Espazo Xove de Pontedeume.

Prazo e lugar de inscrición:

O prazo de inscrición remata as 14.00 horas do luns 15 de abril de 2013.

3 de abril de 2013 | 11:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.