A Deputación súmase á Hora do Planeta apagando a iluminación do Pazo de San Marcos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoProvincias
A-
A+

A Deputación de Lugo quedará a escuras entre as 20:30 e as 21:30 horas do sábado 23 de marzo por unha boa causa. Trátase da Hora do Planeta 2013, unha iniciativa a nivel mundial coa que institucións e cidadáns amosan o seu compromiso na loita contra o cambio climático e na promoción do consumo sostible e respectuoso co medio ambiente.

A institución provincial lucense participa así no meirande movemento mundial a favor do medio ambiente, tal e como vén facendo dende hai anos, mantendo apagada tanto a iluminación interior, coma a ornamental da fachada principal e a dos xardíns durante unha hora, do mesmo xeito que ocorrerá en milleiros de edificios públicos de máis de 4.000 cidades de 150 países de todo o mundo, que este ano se unen baixo o lema “Apaga la luz, enciende el Planeta”.

22 de marzo de 2013 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.