Concurso de carrozas, comparsas e disfraces do Entroido 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Rosal
A-
A+

O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2013 o domingo, 10 de febreiro, ás 11:30, na Praza do Calvario.

BASES

PRIMEIRA: O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2013 o domingo, 10 de febreiro, ás 11:30, na Praza do Calvario.

O desfile percorrerá a rúa de Ramón Franco (desde o cruce coa Lomba) e a rúa Julio Sesto (ata a Rotonda da Feira).

SEGUNDA: A inscrición dos participantes farase no Rexistro do Concello, en impreso normalizado para este fin, ata as 15:00 h. do mércores 6 de febreiro.

Xunto coas solicitudes de inscrición, deberán achegar:

• Maiores de idade: fotocopia do DNI do representante.

• Menores de idade: fotocopia do DNI dunha persoa que os represente e autorización única para a súa participación no concurso.

• Breve descrición dos disfrace que se presenta a concurso.

As persoas que non presenten solicitude no rexistro xeral tamén poderán participar no desfile pero non terán opción a premio.

TERCEIRA: As modalidades que poderán participar no concurso son:

– Carrozas: Considéranse carrozas un grupo de alomenos 6 persoas representando algún tema enriba dun móbil (carro, tractor, motocultor, etc. O condutor poderá ou non ir incluído, déixase a criterio dos participantes).

– Comparsas: Participarán no grupo un mínimo de 10 persoas.

– Grupo: Participarán un número de 3 a 9 persoas.

– Individual: Fará constar o nome dos disfrace e da persoa que se presenta. Inclúense nesta categoría, a parella de disfraces que pola súa condición requiran participar de forma conxunta, e tamén as modalidades de: ata os 12 anos (acreditar con fotocopia do DNI), infantil; a partir dos 13 anos, xuvenil-adulto.

CUARTA: A cualificación das carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais será
determinada polo Xurado do concurso, que estará formado por un Presidente (a Concelleira de
Cultura ou a persoa en quen delegue) e cinco vogais en representación das entidades
socioculturais do concello, que serán nomeados pola Concelleira de Cultura actuando como
secretario/a o de menor idade.

QUINTA: Cada membro do Xurado valorará a orixinalidade, a creatividade e os complementos
do vestiario e calificará de 1 a 10 cada un destes aspectos en cada carroza, comparsa, grupo
e disfrace individual participante. Ademais, nas categorías de grupo, comparsa e carroza
valorarase de 1 a 10 a parodia/escenificación e a música que os acompañen. No suposto de
empate, procederase a unha segunda puntuación.

SEXTA: Concederanse os seguintes premios:

CARROZAS:

1º PREMIO…………350 €
2º PREMIO ………..275 €
3º PREMIO…………225 €

COMPARSAS:

1º PREMIO ……….250 €
2º PREMIO ……….225 €
3ºPREMIO ……..…200 €

GRUPO:

1º PREMIO……….200 €
2º PREMIO……….150 €
3º PREMIO……….125 €

INDIVIDUAIS:

Infantil:

1ºPREMIO ………..125 €
2º PREMIO ………..100 €
3º PREMIO …………75 €

Xuvenil—adulto:

1º PREMIO………. 125 €
2º PREMIO……… 100 €
3º PREMIO …….. 75 €

Os premios poderán ser declarados desertos polo Xurado do concurso.

SÉTIMA: A entrega de premios terá lugar o mesmo día de celebración do Entroido: unha vez
feita a avaliación polo Xurado, o secretario fará público o resultado, mediante a lectura da acta
correspondente.

OITAVA: A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das presentes
bases, sendo a decisión do Xurado inapelable.

14 de xaneiro de 2013 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.