A Deputación recoñecerá a labor de persoeiros do fútbol provincial

Reunión cos clubes
A Deputación Provincial de Pontevedra recoñecerá nun acto público a labor de persoas cunha longa traxectoria dedicada en “corpo e alma” ó fútbol provincial ou que leve moitos anos de traballo desinteresado a favor dalgún equipo da provincia de Pontevedra. Así o anunciou o presidente da Deputación perante unha xuntanza mantida cos clubs que optan a participar na Copa Deputación de Fútbol.
Na xuntanza participaron tamén a deputada, Begoña Estévez, os delegados da Federación Galega de Fútbol de Vigo e Pontevedra, técnicos de Deportes da institución, así como os representantes dos clubs. Segundo explicou Louzán, no ano 2013 a Deputación manterá esta competición para o que destinará un orzamento de 80.000 euros.
Na xuntanza abordáronse cuestións relativas á organización da copa. Así, en virtude do acordado, a Federación será a encargada de fixar os prazos de inscrición, así como as datas para a realización do sorteo. Pola súa banda, acordouse que os partidos se xogarán no entorno dos meses de marzo e abril.
Compre recordar que no ano 2012 participaron 119 clubs: 45 da zona de Vigo, 56 da de Pontevedra e 18 do norte provincial.
Na xuntanza, Rafael Louzán, informou ós asistentes de que a Deputación ten previsto organizar un acto público para recoñecer a labor dalgunha persoa destacada polo seu apoio durante anos ó deporte do fútbol e dos clubs.
Para organizar este evento, a entidade provincial vai a establecer uns baremos que deben cumprir as candidaturas, e a abrir un diálogo cos clubs para que estes propoñan candidatos. En base ás propostas, “escollerase a unha persoa que recibirá un recoñecemento de todos nós”.
Cursos para directivos
O titular da Deputación anunciou tamén a posta en marcha dunha actividade formativa para mellorar a capacidade de xestión dos directivos dos distintos clubs, “algo especialmente importante nos momentos económicos actuais”. Esta actividade realizarase no edificio administrativo, onde a entidade provincial conta cunha sala dotada de equipos informáticos con capacidade para 40 usuarios.
Compra de 90 desfibriladores e curso formativo para utilizalos
Finamente, os responsables da entidade provincial informaron ós clubs sobre a convocatoria que vai a sacar a Deputación para dotar ós campos de fútbol de desfibriladores que posibilitarán, en caso de urxencia, se poida salvar unha vida”, dixo Louzán. A Deputación vai a sufragar o 50% do custo destes aparatos e tamén ofrecerá un curso formativo para o uso deste equipo médico. A Deputación prevé adquirir unha partida de 90 desfibriladores para dotar ós campos da provincia.











