publicidade hoxe

A Xunta reforza a cooperación con Mozambique

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
O presidente da Xunta na reunión coas ministras

O presidente da Xunta na reunión coas ministras

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a intención do Goberno galego de incrementar a cooperación con Mozambique poñendo á súa disposición as capacidades do Servizo Galego de Saúde co fin de que o país africano mellore a súa sanidade.

Durante un encontro coa ministra de Sanidade española, Dolors Montserrat, e coa ministra de Sanidade do Goberno de Mozambique, Nazira Abdula, avaliaron a nova liña de cooperación que o Goberno galego ofrece e que estará divida en tres eixes: a busca de novas fórmulas de financiamento para remodelación de hospitais; a mellora da formación dos profesionais mozambicanos a través de estadías nos hospitais universitarios de Galicia e, por último, o traballo conxunto co Ministerio de Sanidade de Mozambique para o deseño do plan funcional do hospital que teñen intención de rehabilitar.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta destacou a aposta que o Goberno galego fixo desde 2009, unha aposta que se reflicte nas infraestruturas sanitarias, co obxectivo marcado de que o 100% dos cidadáns teñan un hospital ou centro de saúde novo ou renovado no seu contorno ao final da lexislatura. “Estamos facendo hospitais novos, ampliando hospitais anteriores, facendo plans directores de remodelación de hospitais e finalizando o mapa de centros de saúde de atención primaria de toda Galicia”

O presidente da Xunta concluíu eloxiando o interese mostrado pola ministra de Sanidade de Mozambique polo funcionamento do Sistema galego de saúde e recordando que Galicia leva 12 anos cooperando con este país en materias como a pesca, o desenvolvemento económico, o abastecemento de augas ou a mortalidade infantil.

5 de abril de 2017 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.