publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta investirá 252.000 euros na mellora da eficiencia enerxética de 20 vivendas de promoción pública en Melide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelide
A-
A+

A Xunta de Galicia destinará máis de 252.000 euros á execución de obras de mellora da eficiencia enerxética de 20 vivendas de promoción pública emprazadas en Melide. O Diario Oficial de Galicia publicará mañá a resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo pola que se licita a execución das obras.

As obras, que consistirán no illamento térmico do edificio polo exterior para mellorar a súa eficiencia térmica e, polo tanto, incrementar o rendemento do consumo enerxético realizado nas mesmas, realizaranse nos portais 4, 5 e 6 do edificio de vivendas de promoción pública, construídas pola Xunta, emprazadas na rúa José Cándido Ares, en Melide (A Coruña).

As obras están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. O prazo de execución das obras será de tres meses dende o inicio das mesmas. As empresas interesadas dispoñen de 26 días naturais para presentar as súas ofertas.

Nos vindeiros días tamén se licitará a obra de mellora da eficiencia enerxética das vivendas dos portais 1, 2 e 3 do mesmo mesmo grupo de vivendas de promoción pública emprazadas en Melide. A Xunta ten en marcha un programa de mellora da eficiencia enerxética de vivendas de promoción pública, no marco do cal se están a realizar actuacións en tres grupos de vivendas en Santiago de Compostela e están previstos en varias localidades de toda Galicia.

17 de abril de 2017 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.