publicidade hoxe

Política Social continúa a colaboración cos concellos galegos para mellorar a atención social dos cidadáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde de Cangas. Foto: X. Crespo

Rey Varela na reunión co alcalde de Cangas. Foto: X. Crespo

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuou esta mañá coa rolda de entrevistas que está a manter dende o pasado mes de novembro cos rexedores dos concellos galegos co fin de mellorar as prestacións no eido social.

A Xunta de Galicia adquire cos responsables das entidades locais o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio e de cada comunidade de veciños. Neste caso, o titular autonómico celebrou unha reunión de traballo co alcalde do Concello de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela.

Na xuntanza que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde abordaron temas como a aula de estimulación temperán, programas de inclusión e estímulo social ou o comedor social de Cangas. Nesta liña acordaron traballar en conxuntamente co obxecto de mellorar a atención social dos cidadáns da vila do Morrazo. Así mesmo, analizaron a situación do Servizo de Axuda no Fogar que na actualidade conta co 61,81% da ratio de atención.

7 de abril de 2016 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.