publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Centos de veciños e visitantes acudiron á Festa da Empanada de Val do Dubra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+
Festa da Empanada en Val do Dubra

Festa da Empanada en Val do Dubra

Centos de veciños e forasteiros acudiron desde última hora da mañá de hoxe e ata entrada a tarde á xa tradicional Festa da Empanada de Val do Dubra. Desde media mañá comezaron a chegar amantes deste prato típico galego e que en Val do Dubra forma parte da cultura gastronómica. O sol e unha agradable temperatura animou aos visitantes e veciños. 

Unha carpa instalada no Campo da Feira de Bembibre acolleu aos asistentes. A empanada, a elixir. Había de carne, de bacallau, de atún, de polbo e de bacallau con pasas… Participaron catro panadarías do Concello de Val do Dubra. O prezo da ración foi de cinco euros, e incluía un prato de cerámica da Festa da Empanada e unha cunca de barro para degustar o viño. Na carpa tamén se podía probar o tradicional polbo á feira. E o churrasco. Ata alí achegouse o alcalde de Val do Dubra, Ramón Varela, e parte da Corporación Municipal.

Os organizadores non deixaron de ofrecer empanada. Non faltou a animación musical. A media tarde comezaron a retirarse os visitantes. Os comerciantes que acudiron á tradicional Feira de Abril, que se celebra o primeiro luns deste mes, tamén comezaron a desmontar os seus postos. Hoxe foi festivo local en Val do Dubra. A feira do mes de abril goza dunha especial tradición. Servía e serve para aprovisionar aos veciños de todo o Concello de Val do Dubra. Os primeiros luns de cada mes celébrase no Campo da Feira a tradicional feira. Pero a de abril leva a fama. E hoxe viviu unha animación especial.

6 de abril de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.