publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Vedra aposta por unha opción diferente para os emprendedores, o programa “Un paso máis”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+
Presentación do programa

Presentación do programa

Onte luns 2 de febreiroe contando coa presencia do alcalde Carlos Martinez Carrillo Vedra deu o primeiro paso deste “Programa de dinamización do emprego e de melloras das empresas locais”. Tratouse dunha primeira toma de contacto deste servizo de asesoramento para persoas emprendedoras e/ou con ideas de negocio por desenvolver.

Tratárase dun programa personalizado de seis meses de duración e que se fundamentará en catro liñas de acción:

- Formación e técnicas de coaching.

- Consultoría individual e de grupo.

- Seguimento personalizado.

- Análise doutras iniciativas xa consolidadas que serven de exemplo e referencia.

O obxectivo é conseguir orientar e facilitar a creación de novos negocios e empregos en Vedra e da xente de Vedra, ademais de servir de impulso para todas esas ideas novas que sempre custa despegar e farase dunha maneira directa, individual, próxima e continuada.

É unha aposta diferente a todas as concibidas con anterioridade a as expectativas son a priori moi positivas tanto para a organización como para as 11 persoas que tiveron onte o primeiro contacto coa acción. A idea e seguir sumando ata acadar o obxectivo das vintecinco prazas que poden participar deste proxecto, por esta razón dende o departamento de emprego do concello instase a toda persoa con interese de emprender, con ideas orixinais e novidosas a poñerse en contacto xa ben a través do teléfono 981 814 692 ou no enderezo electrónico alcaldia@concellodevedra.com

3 de febreiro de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.