publicidade hoxe

Acebe prepara unha nova edición de Mercabetanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

ACEBE.CCA está a preparar a celebración dun novo Mercado de Oportunidades do Comercio de Betanzos – Mercabetanzos, un evento que está previsto que se celebre os vindeiros 11 e 12 de abril.

MERCABETANZOS permitirá a todos os empresarios que participen vender produtos con importantes descontos ademais de funcionar como unha actividade dinamizadora do comercio minorista de Betanzos e de repercutir moi positivamente na economía local.

Nesta edición Mercabetanzos contará coa colaboración do Concello de Betanzos e por este motivo nesta ocasión o mercado de oportunidades estará aberto á participación tanto dos socios de ACEBE CCA como do resto do comercio brigantino. Os interesados poden inscribirse cubrindo a solicitude dispoñible a través de www.comerciodebetanzos.com tendo como data límite para anotarse o 19 de febreiro. Poden solicitar máis información a través do número de teléfono 981774574 ou do correo electrónico acebe@comerciodebetanzos.com.

Establécese asimesmo como requisito indispensable para que se poida celebrar esta nova edición de MERCABETANZOS que se anoten un mínimo de 20 stands participantes.

MERCABETANZOS está organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos coa colaboración do Concello de Betanzos. Tamén colaboran co evento a Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Parking Betanzos.

16 de febreiro de 2015 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.