publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A historia de Eugenio Funes, inventor galego que traballou para a Nasa, estréase en Cineuropa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaQuirogaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press
Presentación de "Funes. O inventor da lúa"

Presentación de “Funes. O inventor da lúa”

A visión de Galicia como “terra de inventores” e a súa historia “tráxica” á hora de levar estes inventos a bo porto ten unha boa “metáfora” na historia de Eugenio Funes, un lucense que chegou a traballar para a Nasa e cuxa historia estrea este xoves Cineuropa.

Así o explicou este mércores o director do documental ‘Funes. O inventor da lúa’, Enrique Otero, que participou xunto ao director do Festival Cineuropa, José Luís Losa, na presentación desta estrea, que terá lugar no Salón Teatro de Santiago ás 18.45 horas.

A peza, resultado dunha investigación conxunta coa Universidade de Santiago e o Instituto Tecnolóxico de San Antonio (Texas), narra a historia de Eugenio Funes, investigador galego que chegou a traballar para a Nasa en Estados Unidos e cuxas investigacións xogaron un papel crave na chegada do home á lúa.

Con todo, explica o seu director, a peza vai máis aló e trata de mostrar a Galicia como unha “terra de inventores” a través da “metáfora” da historia da invención en Galicia, un “país onde hai xente moi creativa, pero que á hora da comercialización non se culminan eses inventos”.

“Funes naceu en Quiroga, Lugo, saíu dunha aldea moi pequena, chego a cotas moi altas da invención en Estados Unidos e, por ese fatalismo que segue aos investigadores galegos, terminou a súa vida en Galicia arruinado e vivindo nunha caravana”, destacou o director.

INVENTO DETERMINANTE

A pesar de que a súa figura non foi recoñecida, o invento ideado por Eugenio Funes foi “determinante” no illamento do circuíto eléctrico das naves que evitou a repetición dun accidente como o do Apolo I e posibilitou a chegada do home á lúa.

Enrique Otero destacou as dificultades atopadas á hora de rodar este documental, dado que o proceso de documentación foi moi complexo e a produción realizouse cun equipo reducido.

12 de novembro de 2014 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.