publicidade hoxe

O presidente da Deputación destaca o alto ritmo investidor que a xestión de Cubela consigue para Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadePontevedra
A-
A+

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, destacou hoxe, no curso dunha visita institucional a Cotobade, “o gran ritmo inversor que está a manter o Concello debido, en gran medida, á capacidade de xestión do seu alcalde para obter recursos e financiación mediante a cooperación de varias institucións”.

Na súa visita, Louzán inspeccionou diversas obras que a institución provincial está a realizar ou que xa están concluidas no concello. Estivo acompañado polo alcalde, Jorge Cubela, e polo delegado da Xunta, Xosé Manuel Cores Tourís.

Un exemplo da antedita cooperación foi a obra de mellora de accesos á Casa do Pobo de San Xurxo de Sacos na que Cubela logrou financiación da Xunta e a actuación da Institución provincial para executala cun orzamento de 60.000 euros.

As obras realizaronse con medios propios polo Parque de Maquinaria da Deputación, o Concello encargouse da adquisición de material para a pavimentación e a Xunta  aportou financiación. Os traballos incluiron anchear a calzada e dotación de novo pavimento. Nos accesos traballaron unha retroescavadora, unha pala mixta e dúas bañeiras da Deputación. Realizaron movementos de terra para anchear a calzada, nivelaron e compactaron o terreo e dotaron dunha capa de zahorra e nova capa de rodaxe de formigón .

A estrada queda cun ancho de 5 metros e facilitará o acceso á Casa do Pobo de San Xurxo, adquirida polos veciños ó Estado e que foi rehabilitada coas achegas da Comunidade de Montes e do propio Concello.

Louzán destacou asemesmo as obras en curso para a reforma do Edificio Multiusos para o seu uso como Consultorio Médico pois dixo que “nun momento de dificultades económicas, a xestión de Cubela posibilitou que os veciños de Cotobade teñan un novo centro sin perder servizos, previsto para 2 médicos e dotado con 5 salas”.

O novo Consultorio Médico contou cunha achega da Deputación de 191.697 euros e estará concluido o vindeiro mes de agosto.

No curso da súa visita, o presidente da Deputación inspeccionou os traballos efectuados na estrada a Almofrei e de dotación de herba sintética e outras melloras ó campo de  fútbol que se iniciaron hai 15 días. Esta dotación deportiva é clave no concello pois congrega a actividade diaria de varios equipos de fútbol do concello así como das Escolas Deportivas Municipais.

Pola súa banda, o alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, agradeceu o cumprimento dos compromisos adquiridos con el por parte de Louzán nunha xuntanza mantida o pasado 6 de marzo. “Cumpreunas todas e é de xustiza destacalo: os 700 metros da pista de accesoó Observatorio, tan frecuentado; os accesos e melloras de aparcamentos no campo da festa de Valongo; ou os mil metros asfaltados do lugar de Morronde, que eran de terra….”.

15 de xullo de 2014 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.