publicidade hoxe

A campaña para maiores sobre atropelos chega a Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

Con motivo do inicio, a partir do 21 de outubro, da “Campaña para maiores sobre atropelos” o Concello de Bande, en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico, organizan unha actividade informativa dirixida a todas aquelas persoas maiores que practican deportes ao aire libre (ciclismo, camiñar, correr…). A actividade, cuxo obxectivo é reducir e prever atropelos nas estradas galegas, terá lugar mañá mércores 13 de novembro ás 11:00 horas no salón de actos do Concello de Bande.

Nesta charla de concienciación entregaráselle gratuitamente un chaleco a tódolos asistentes.

12 de novembro de 2013 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.