Emprendemento e creatividade tecnolóxica como claves para o futuro do comercio
A Federación de Comercio de A Coruña, que preside Miguel Agromayor Vázquez, celebrou esta mañá na sede da Confederación de Empresarios de A Coruña o Taller de Emprendemento e Creatividade Tecnolóxica, organizado en colaboración coa Federación Galega de Comercio e Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio, á fronte da cal está Sol Vázquez Abeal.
A directora xeral de Comercio expricou pormenorizadamente ós asistentes ás ferramentas que a Administración Autonómica facilita a empresarios e emprendedores nestos eidos. O obxectivo da iniciativa, que se desenvolverá nas catro provincias galegas, é fomentar o emprendemento, a renovación e a consolidación comercial. Neste senso, foron expostas experiencias de éxito de empresas como Boutique Trés Jolie (Cristina Rey), Boutique Pilar y Carmen (Pilar Varela), Mustang (José Manuel Castro) e Zapaterías 100pies (David Vidal), todas elas baseadas na innovación e as novas tecnoloxías.
Trátase de transmitir información e exemplos de aptitudes e competencias que permitan ó comercio galego responder efectivamente ós desafíos, problemas, oportunidades e cambios que afronta. Aportar medios para que o sector acade a diferenciación e competitividade necesaria a través do emprego de novas canles de promoción e venda, distribución, fidelización e o coñecemento do consumidor.