publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación da Coruña achega 210.000 euros ao Concello do Pino para reformar os vestiarios do campo de fútbol de Reboredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaO Pino
A-
A+

A Deputación da Coruña aprobou no último Pleno provincial unha achega de 210.822,06 euros para o Concello do Pino que lle permitirá ao goberno local reformar os vestiarios e construír aseos para o público do campo de fútbol de Reboredo.

Actualmente os vestiarios están en moi mal estado e non contan cun lugar reservado para os árbitros, polo que se realizará unha ampliación do espazo xunto ás bancadas e a cantina. Na nova construción, ademais, inclúese a execución de novos aseos para os espectadores.

A nova estrutura será de pórticos de formigón armado, fachadas de ladrillo revestido con morteiro hidrófugo e prazas de fibrocemento, división e acabados interiores e exteriores. Coa achega da Deputación subvencionarase o 80% da obra, que ascende a 263.527,58 euros.

Melloras no contorno da Igrexa de Belmil, en Santiso

O Pleno tamén deu luz verde a unha achega de 19.485,67 euros para a Asociación Cultural A Braña, de Santiso. A entidade quere mellorar o contorno da igrexa de Belmil e restaurar o cruceiro da parroquia. Para iso deseñou un proxecto que inclúe traballos de roza, limpeza do terreo e peche de mampostería, así como un enlousado con pedra e granito e unha varanda.

Pola súa banda, o cruceiro de pedra, que data do século XIX, está degradado, polo que se require a súa limpeza e restauración.

En total, o custe do proxecto ascende a 62.885,08, dos que a Deputación asume o 31%.

4 de maio de 2015 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.