publicidade hoxe

I Semana Temática no IES Praia Barraña de Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+
Inauguración da semana temática

Inauguración da semana temática

O Equipo da Biblioteca de Centro do IES Praia Barraña inicia con esta primeira edición a coordinación dun Proxecto Interdisciplinar para fomentar a lectura entre o alumnado. Trátase dun proxecto que implica a todos os Departamentos Didácticos do Centro e a todo o alumnado dos diferentes ciclos nunha actividade común pero baixo distintos enfoques, arredor dun tema que o Equipo da Biblioteca propón ao comezo do curso.

Nesta primeira edición 2013-14 o tema escollido e traballado foi O MAR.

Con esta “I Semana Temática – IES Praia Barraña” pretendemos expoñer e dar a coñecer todos os traballos realizados polos alumnos e profesores do Centro durante o curso arredor da temática do Mar. Ademais realizouse unha excursión á Illa de Sálvora e como colofón ós traballos, na xornada de clausura terá lugar a proxección do documental submarino “O bosque encantado” de Jorge Candán, premiado no Festival Internacional de cine Submarino de San Sebastián.

29 de maio de 2014 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.