publicidade hoxe

Ponte Caldelas presenta o cartel da Festa da Troita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaPonte Caldelas
A-
A+
O gañador co cartaz premiado

O gañador co cartaz premiado

O Concello de Ponte Caldelas volveu seleccionar, a través do Concurso organizado para tal efecto, o cartel que servirá como anunciador da XLVI I Edición da Festa dá Troita.

Como se vén facendo nos últimos anos, o Concello de Ponte Caldelas convoca un concurso para a elección do cartel que funcionará como principal elemento promocional da Festa da Troita que foi declarada como Festa de Interese Turístico.

Un total de 17 carteis e 34 fotografías concursaron polos diferentes premios, con obras procedentes da xeografía galega e nacional.

Nesta ocasión resultou gañadora a obra denominada A GRANDE FESTA presentada por D. Rubén Alesandro Lucas García. Nesta elección valorouse principalmente a idea e a mensaxe creativa. Así mesmo dáse a circunstancia especial da procedencia do traballo premiado dunha localidade tan distante de ponte Caldelas como pode ser o municipio de Torreagüera en Murcia. Este feito é unha mostra do interese que este concurso vén espertando en todo o panorama nacional xa que tanto nesta edición coma en anteriores é normal ver obras presentadas dende os diferentes puntos da xeografía nacional.

En relación co Concurso de Fotografía o mesmo xurado elixiu os seguintes premios:

PRIMEIRO PREMIO ao traballo denominado ENFEITIZADO presentado por D. Ramón Rodríguez Sobral.

SEGUNDO PREMIO ao traballo denominado ÁS PONTES DE PONTE CALDELAS POLA NOITE presentado por D. Iago Manoel Souto Lorenzo.

TERCEIRO PREMIO ao traballo denominado SEMPRE ATENTO presentado por Dna. Isabel Núñez Montero.

Neste caso dáse a circunstancia de que o Primeiro Premio repite con respecto á edición 2012.

Perfecto Rodríguez, Alcalde de Ponte Caldelas, valora de forma moi positiva estes concursos dada a notable participación así como a calidade dos traballos presentados, así como felicita os gañadores e agradece a participación de todas as obras presentadas. Destaca tamén o feito de que en todas as edicións se presentan varios traballos que serían merecedores de alcanzar premio e que ás veces “mesmo da pena” descartalos, pero, tal e como establecen as bases e como manda a lóxica, só un cartel pode representar á “Festa da Troita” cada ano e só tres fotografías poden ser as premiadas.

26 de abril de 2013 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.