publicidade hoxe

O Teatro Rosalía Castro acolle un ano máis a gala dos Premios María Casares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendarioLocalLocal Portada
A-
A+
Presentación da gala

Presentación da gala

O tenente de alcalde de Cultura, Ana Fernández, presentou esta mañá a gala dos XVII Premios María Casares de Teatro, acompañada por Antonio Durán “Morris”, membro da Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia; Xulio Abonjo e Marcos Orsi, da compañía BaCaNa e presentadores do evento; e Suso Montero, director artístico da gala e nomeado nas categorías de Mejor escenografía e vestiario.

A gala celebrarase o próximo 27 de marzo, ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía Castro. “Como sempre, como cada ano, é unha honra acoller na nosa cidade esta gran festa da escena galega. Estes premios do teatro son a mellor mostra de que os nosos actores e actrices, de que as nosas compañías, seguen traballando e loitando incansablemente”, destacou Fernández e engadiu: “Sabedes que A Coruña ama o teatro, así fánvolo saber cada vez que o emblemático teatro Rosalía Castro se enche de afeccionados dispostos a aplaudir o fantástico traballo que estades a levar a cabo ao igual que os numerosos subscritores que nos avalan cada tempada, aos que tamén quero agradecer a súa implicación,”.

Na cerimonia, na que se lerá o tradicional Manifesto do Día do Teatro, un total de 17 montaxes optarán a conseguir algún dos galardóns nas trece categorías nas que se dividen os María Casares: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal, mellor adaptación-tradución, mellor texto orixinal, mellor escenografía, mellor actriz secundaria, mellor actor secundario, mellor actriz protagonista, mellor actor protagonista, mellor dirección e mellor espectáculo.

Viaxe a ningunha parte de Sarabela Teatro e Tokyo 3, de Voadora, parten como as favoritas con 10 e 9 nominacións cada unha, incluídas as de Mejor dirección e Mellor espectáculo. Séguenlle O Método Grönholm, de Talía Teatro, e o musical Galicia Caníbal, de Filmanova Investi SA, que optan a 5 e 3 xerras respectívamente. As obras Currículo Vitae, de Redrum Teatro; Decamerón. Historias para tempos ruíns, de Abrapalabra Creacións Escénicas; A función do Tequila, de Teatro do Morcego; Malos Hábitos, de Iolanda Muíños e Camila Bossa, e Pequenos actos pseudorrevolucionarios que non serven para cambiar ou mundo, pero fan que quedemos máis tranquilos, de Ibuprofreno Teatro, contan con dúas nominacións cada unha. Cunha nominación sitúanse os espectáculos O fabuloso cine ambulante dous Irmáns Lumieira, dous Irmáns Lumieira; O profesional, do Centro Dramático Galego; Lalelo!, de Lospregos SL; Snakizados. Comedia do fin do mundo, de Áncora Produccións; Romanticos!, de Produccións Teatrais Excéntricas; Kafka e a boneca viaxeira; de Eme2 Emoción & Arte; Nuncabunga, de Elefante Elegante, e Deferfeitos, de Teatro Galileo”, explicou Ana quen gabou a calidade do teatro galego: “Moitas destas obras xa subiron ou subirán aos escenarios dos teatros da cidade por iso podo afirmar, e estes premios son o mellor exemplo, que a escena galega, a pesar de todas as dificultades, non deixa de traballar e de “crear”.

A gala, que se celebrará o próximo 27 de marzo no teatro Rosalía Castro, estará conducida por Ratman e Bobin, dous superheroes moi particulares creados pola Compañía BaCaNa en 2002 e interpretados polo grupo teatral formado polos actores Marcos Orsi e Xulio Abonjo. Así, a Compañía BaCaNa será a encargada da dirección e do guión da cerimonia dos premios. Suso Montero encargarase da dirección artística e os músicos Xacobe Prieto, Fidel Vázquez, Max Gómez e Alejandro Casquero conformará a banda que lle poña á gala. A produción executiva e a coordinación xeral dos galardóns recaen en Marta Horjales.

Ademais, como cada ano, durante a cerimonia dos María Casares homenaxéase a unha persoa ou colectivo cunha traxectoria relevante no desenvolvemento do teatro en Galicia, galardón que recibiron, entre outros, Manuel Lourenzo, a Asociación Cultural Abrente, Dorotea Bárcena, Ana Romaní ou, na última edición, a Sala Nasa. “Este ano o Premio de Honra Marisa Soto entregarase a unha grande da escena galega: Piar Pereira. Ninguén pode negar que conta cunha das carreiras máis amplas da escena galega, de feito, a súa primeira obra con adultos a estreou con tan só dez anos. A partir de aí, e durante máis de seis décadas, Pereira traballou en España, Francia, Bélxica, América Latina e, por suposto, aquí, en Galicia, onde traballou con multitude de compañías.

Para finalizar, Ana Fernández destacou o compromiso do Goberno municipal coa Cultura, o teatro e as artes escénicas en especial, convertendo á cidade na plataforma preferida polos profesionais para estrear e presentar os seus traballos, poñendo á súa disposición os nosos recursos e teatros. “Animo a todos os coruñeses a vivir o teatro e a participar activamente na acción cultural da cidade, animando e facendo posible que o teatro siga vivo”.

21 de marzo de 2013 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.