Melide acolle o sábado os debates escolares “Modelo Parlamento Europeo, MEP”
O vindeiro sábado día 2 de maio vai celebrarse en Melide a primeira edición galega dos debates escolares “Modelo Parlamento Europeo, MEP”, organizada por Agorae, a asociación galega para a promoción da oratoria en Europa, de recente creación. O equipo do IES Chamoso Lamas, adestrado polos profesores Clara Vázquez e Miguel Pereira, e os alumnos:Ana Fernández Justo,Lucía España Fariñas, Yeray Diéguez Barreiro, Danarys Michel Constantine.
A actividade, celébrase por primeira vez en Galicia como resultado da colaboración entre a devandita asociación e os organizadores e promotores da actividade a nivel nacional, a Fundación San Patricio. Conta co apoio da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e do Concello de Melide, de tal xeito que a comunidade autónoma participa neste certame cunha representación de 10 centros de ensino.
Os centros participantes nesta edición serán:
– IES Chamoso Lamas de O Carballiño
– IES Maruxa Mallo de Ordes
– IES A Pinguela de Monforte
– IES Eduardo Pondal de Santiago
– IES Antón Fraguas de Santiago
– IES de Melide
– Colexio SEK Atlántico de Poio
– ColexioLa Salle, de Santiago
– CPR PREMIR, de Santiago
Os temas que debatirán son:
– A política de cohesión e os nacionalismos na UE
– A prevención do uso do sistema financeiro para o blanqueo de capitais
– Programa xeral de Medio Ambiente da Unión / Ecoinnovación – Emprego e crecemento a través da política medioambiental
– Como promover a competitividade e sustentabilidade no emprego para as persoas con discapacidade na UE?