Primeiro adestramento de Modibo Diakhité en Abegondo co Dépor
Modibo Diakhité exercitouse esta mañá cos seus novos compañeiros en Abegondo, ás ordes de Víctor Fernández. O novo defensa deportivista finalizou á primeira hora da mañá as probas cardiolóxicas no Hospital HM Modelo da Coruña e, acto seguido, trasladouse á cidade deportiva para porse ás ordes dos técnicos branquiazuis.
Nunha sesión na que Víctor traballou fundamentalmente movementos tácticos de saída de balón, exercitouse só o fabrilista Sam e á marxe Pablo Insua, Juan Carlos e Salomao. Remeseiro, Cardoso e Iago estiveron xa ás ordes de Manu Mosquera co filial, de cara ao partido ligueiro deste sábado en Abegondo ante o Cerceda.
Mañá sábado, o equipo realizará unha última sesión nun fin de semana sen liga. Será a partir das 10.00 a porta pechada en Riazor. Antes, Toché e Laure comparecerán en rolda de prensa.