Presentación da iniciativa “A Regaduxa. Memoria histórica de Vilaboa”
Hoxe luns 24 de febreiro presentouse no peirao de Santa Cristina de Cobres a iniciativa “A Regaduxa. Memoria histórica de Vilaboa”
O colectivo está formado por persoas de diferentes parroquias de Vilaboa e ten como finalidade o estudo da represión franquista, o coñecemento das diferentes formas de violencia e dos lugares da represión, así como a organización de actos de recoñecemento e homenaxe ás vítimas. Precisamente a primeira actividade d´A Regaduxa será unha homenaxe ás vítimas da represión franquista en Vilaboa que terá lugar o domingo 16 de marzo ás 18.30 horas na canteira de Paredes.
Entre as persoas que promoven a iniciativa figuran
Pepe Cáccamo
Tareixa Carro
Tomás Boullosa
Ornela Fernández
Carlos Fontes
Carlos Ríos
Carlos Núñez
Luís Bará
Anxo Ricón
As liñas de traballo do colectivo A Regaduxa son
-Facer un traballo por parroquias recompilado a memoria oral e investigando nos arquivos para elaborar un arquivo da memoria democrática e do terror franquista en Vilaboa. O punto de partida é a listaxe de Nomes e voces (www.nomesevoces.net), que no caso de Paredes xa podemos ampliar con unhas 15 persoas máis.
O obxectivo do arquivo é documentar as tipoloxías da represión e nomes das vítimas: persoas asasinadas; persoas encarceradas; represión física e psicolóxica (castigos, malleiras, vexacións, violacións, mulleres rapadas…); represión económica (multas, incautacións, depuracións); exilio
-Dar a coñecer os lugares da memoria da represión franquista en Vilaboa.
Cómpre salientar o simbolismo de dous espazos próximos como son o campo de concentración de San Simón e o do Cuartel de Figueirido.
Ademais, outros lugares da represión na zona de Vilaboa son o Peirao de Santa Cristina, as curvas d´A Regaduxa, Portas (entre Paredes e Ponte Sampaio), A Revolta da Tiroida (Figueirido)…
-Organizar actos por parroquias e de carácter xeral: sobre a represión en cada parroquia, sobre a illa de San Simón, sobre o cuartel de Figueirido…
-Erguer en monumento a xeito de memorial democrático e de lembranza das persoas asasinadas e perseguidas polo franquismo