Beatriz Mato compromete 300.000 euros para financiar obras de abastecemento e saneamento en Celanova
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá máis de 300.000 euros en financiar as obras de abastecemento e saneamento en Feal e Casetas de Ansemil, en Celanova.
Así llo transmitiu a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, ao alcalde da localidade, José Luis Ferro, durante unha xuntanza de traballo na que abordaron diversos temas de interese para a localidade.
O proxecto está actualmente redactado e atópase en fase de supervisión por Augas de Galicia. Nel, inclúese ao redor de 3 kilómetros de tubaxe de abastecemento e saneamento para dar servizo a unha poboación de 100 habitantes.