publicidade hoxe

Bases do desfile de comparsas e carrozas do Enterro da Lamprea 2014 en Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

OBXECTO:

O obxecto das presentes bases é regular a participación no desfile do  Entroido que se celebrará en Salvaterra de Miño, con motivo do Enterro da Lamprea que se celebrará o próximo sábado  8 de marzo.

PARTICIPANTES:

Neste desfile poderán inscribirse todas aquelas Comparsas e Carrozas, que cumpran os requisitos. No caso da participación de menores de idade debe acompañarse á solicitude  unha autorización de participación asinada polos pais/nais de cada un dos menores, eximindo o Concello de toda responsabilidade derivada deste incumprimento.

Modalidades:

Categoría de Carroza:  Poderán participar nesta categoría todas aquelas carrozas que  teñan como mínimo 20 participantes e unhas dimensións mínimas de  2,5 m de largo.

Categoría de Comparsa: Poderán participar nesta categoría as comparsas que teñan un mínimo de 20 membros.

INSCRICIÓNS:

Todos os que desexen participar no desfile deberán inscribirse no Rexistro do  Concello de Salvaterra  de  Miño entre o 10 de febreiro  e o 3  de marzo, en horario de luns a venres de 08.00 a 15.00h, e sábados de 09.00 a 13.00h, debendo constar a hora de rexistro, ou a través do correo electrónico rexistro@concellodesalvaterra.org. Todas aquelas solicitudes presentadas fora deste prazo non poderán optar ao premio por participación.

O Concello, por motivos de seguridade, de organización e espacio, resérvase o dereito de reducir ou ampliar o prazo de inscrición.

Na inscrición deben aportar, a parte da solicitude, unha relación cos nomes e DNI dos participantes. Se son Asociación unha copia do CIF, o DNI do representante e o número de conta da mesma, no caso contrario ( non son Asociación) deberán presentar unha listaxe de tódolos compoñentes, asinada, onde autorizan ao cobro por parte da persoa que designen responsable, ademais dunha copia do seu DNI  e o número de conta do responsable. No caso de carrozas tamén deberán presentar unha fotocopia da documentación do vehículo con seguro e ITV.

No escrito de solicitude debe figurar en caso de ser Asociación o nome da mesma o CIF e o  nome e DNI do representante solicitando a participación da súa carroza ou comparsa no desfile do Enterro da Lamprea 2014, co nome que se lle designará e o número de participantes e dimensións da carroza, en caso de que leven. Se non son Asociación o nome e DNI do representante solicitando tamén a participación da súa carroza ou comparsa no desfile do Enterro da Lamprea 2014, co nome que se lle designará e o número de participantes e dimensións da carroza, en caso de que leven.

HORARIO,  PERCORRIDO E ORDEN NO DESFILE:

O desfile de carrozas e comparsas celebrarase o sábado 8 de marzo. A saída queda fixada para as 18.00h dende a Rúa Rosalía, descorrendo o desfile pola Rúa Castelao, Rúa Fonte da Vila, Rúa Dona Urraca e Praza do

Concello. As carrozas deben estar  no lugar asignado para a saída no horario marcado polo Concello.

A orde das Carrozas e Comparsas no desfile será o marcado pola organización.

Cada comparsa terá un distintivo co seu nome, número de orde, e número de compoñentes visible na parte frontal da súa carroza.

Durante o desfile queda prohibido o uso de petardos, “sprays” ou lanzamento de obxectos perigosos ao  público.

Queda totalmente prohibido levar calquera tipo de animal na comparsa. Estes poderán levarse na carroza cumprindo sempre coas medidas de seguridade e hixiene precisas.

PREMIOS Á PARTICIPACIÓN:

Establécense os seguintes premios por participación

Comparsas:

De 20 a 50 participantes: 100€

Máis de 50 participantes: 150€

Carrozas:

De 20 a 50 participantes: 200€

De 50 a 100 participantes: 300€

Máis de 100 participantes: 400€

A Organización comprobará o número de participantes á hora da saída do desfile. No caso de incumprimento dalgún dos requisitos ou número de participantes perderán o premio de participación.

LÍMITES INSCRICIÓNS:

A parte da data de finalización de inscrición se se cubre o espacio da rúa destinada para a saída así como se se esgota a partida destinada para este concepto (3.000€) cerraranse as inscricións.  

O Concello confirmará a inscrición de cada unha das carrozas ou comparsas que fagan a solicitude de participación.

PUBLICIDADE:

Darase publicidade a ditas bases a través da páxina web do Concello e  a través da súa difusión nos medios de comunicación.

10 de febreiro de 2014 | 12:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.