publicidade hoxe

Iglesias subliña a necesidade de seguir investigando e traballando en materia de violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, asegurou que no ano 2013, unha vez realizados importantes cambios legais en materia de violencia de xénero e dereito de familia e cunha democracia consolidada, este tipo de violencia segue a existir incluso entre os “fillos da libertade”, polo que a situación actual esixe investigar, desenvolver políticas preventivas e organizar xornadas “máis que nunca”. O rexedor socialista realizou estas declaracións no acto de inauguración das sextas Xornadas sobre Violencia de Xénero, organizadas pola Concellaría de Servizos Sociais e Muller, que reuniron no mosteiro de Santa Catalina ao longo de toda a xornada de hoxe a unhas setenta persoas. “Non é un segredo. É un delicto” é o lema elixido este ano para as xornadas, que incluiron mesas redondas, debates e un obradoiro ata as 20.30 horas.

Iglesias afirmou, a este respecto, que o feito de que haxa mozos e mozas que exercen ou sofren a violencia de xénero demostra que as raíces desta auténtica lacra van máis aló do contexto social, educación ou leis. “Seguimos necesitando respostas”, manifestou o alcalde, para o que este tipo de xornadas resultan agora máis necesarias que nunca.

O rexedor, que estivo acompañado pola concelleira de Muller, a tamén socialista Victoria Montenegro, fixo un repaso polos principais cambios producidos no Código Civil en dereito de familia e no Penal, que foron modificados en case o 100% dos seus contidos, que xeraban durante a dictadura e ata os 80 –con reformas iniciadas con UCD e continuadas polo PSOE- unha violencia institucional contra a muller. O sometimento institucional da muller ou a situación de discapacidade ao que a condeaban legalmente ao casar porque a partires de entón precisaba da autorización do seu home para cuestións tales como traballar, ou incluso o non ter a patria potestade dos seus fillos a favor do pai, foron asuntos mencionados por Julio Iglesias á hora de subliñar a situación da muller durante a época franquista, que foi mudada lentamente e nalgún caso xerando máis violencia, como a legalización do divorcio, que nun principio esixía explicar as causas e, polo tanto, “te castigaba”. De feito, como destacou, non foi ata 2005 cando o Goberno levou a cabo o “divorcio express”, que remataba con estes procesos longos e durísimos.

9 de maio de 2013 | 13:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.