publicidade hoxe

O Concello de Salceda de Caselas traballa na recuperación da súa memoria historia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaSalceda de Caselas
A-
A+
Reunión con asociacións locais

Reunión con asociacións locais

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Teresa Pérez, ven de poñer en marcha o plan de recuperación da memoria histórica de Salceda, que vai desembocar nunha serie de traballos que van recoller diversos aspectos da historia de Salceda de Caselas. Nesta primeira fase estase a traballar nos seguintes temas:

– Arquivo Municipal da Imaxe: Está sendo levado a cabo polas salcedenses Cristina Rey (licenciada en publicidade) e Irene Rodríguez (licenciada en historia). O arquivo pretende abarcar o maior número de imaxes fotográficas e audiovisuais da historia de Salceda, catalogadas na maior medida posible, con datas, protagonistas…

– Historia do Dr. Zunzunegui: levada a cabo por Xose Ramón Paz Antón. Pretende facer unha semblanza deste médico vasco que exerceu en Salceda e ao que se lle adicou unha rúa e o Centro Rural de Hixiene.

– Catálogo do folclore de Salceda: tamén en mans de Xose Ramón Paz Antón. Pretende ser unha continuación do libro “Salceda en Festa”, que supuxo a recolleita da historia das bandas de música de Salceda. Nesta ocasión preténdese afondar nos diferentes gaiteiros que existiron en Salceda, agrupacións folclóricas… cun apartado especial adicado aos ranchos de reis.

– Historia da emigración: neste caso será Raúl Soutelo, doctor en historia contemporánea pola Universidade de Vigo, o encargado do traballo. Farase un percorrido polas historias de emigración a América dos salcedenses, con especial adicación á emigración en Arxentina e Brasil, por ser os puntos de destino maioritarios dos salcedenses.

Ademáis estase a facer tamén unha recopilación de mitos e lendas de Salceda, coa colaboración especial dos centros escolares da vila.

Para a posta en marcha destes proxectos, estanse a organizar unha serie de reunións coas asociacións do municipio, para pedir a colaboración da xente que poida ter documentación para aportar. A primeira reunión fíxose coa Asociación de Xubilados e Pensionistas, xa que este é o colectivo máis importante para a realización do proxecto. Serán válidas fotografías, gravacións, cartas ou calquera outro documento que axude a indagar na historia de Salceda.

Os mércores estará unha oficina habilitada nas instalacións do Concello para que quen así o desexe poida achegarse co seu material. Dende o Concello garántese o axeitado tratamento dos documentos, que serán devoltos aos seus propietarios no menor prazo de tempo unha vez dixtalizados. Así mesmo asinarase o correspondente acordo dos usos permitidos para o material, garantindo sempre a propiedade intelectual dos seus propietarios.

Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, solicitota colaboración da veciñanza nestes proxectos: “sen a axuda dos veciños e veciñas os traballos non poden saír adiante. Estamos a recibir moi boa disposición da xente, polo que esperamos a máxima colaboración e un grande traballo en equipo para obter os mellares resultados”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, destacou a importancia de aproveitar o momento: “non podemos deixar pasar máis tempo. Cada maior que falece é un punto de información que se nos vai. Os maiores teñen que ser parte fundamental neste proxecto e así llo estamos a pedir. Imos recuperar a historia de Salceda, e imos facelo grazas á nosa veciñanza”.

 

27 de marzo de 2013 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.