publicidade hoxe

Programa de orientación académica e profesional nos centros educativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSoutomaior
A-
A+

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior pon en marcha un programa de orientación académica e profesional nos centros que consistirá no desenvolvemento dunhas xornadas deseñadas para contribuír positivamente no proceso de toma de decisións que ten que levar a cabo o alumnado de secundaria e bacharelato coa finalidade de mellorar as capacidades, actitudes, coñecementos e experiencias que lle posibiliten para tomar decisións relacionadas co seu futuro académico e profesional, de forma autónoma e responsable á hora de escoller entre diversas materias optativas e naqueles intres nos que a elección entre distintas opcións pode condicionar o seu futuro académico e profesional.

As xornadas estructúranse en dous bloques: unha primeira parte teórico – práctica na que unha persoa licenciada en pedagoxía lles falará dos seguintes temas: CHARLAS A 3º DE ESO: • ESTRUCTRURA DE 4º DA ESO: MATERIAS COMÚNS E OPCIÓNS. • CONEXIÓN DE 4º CON BACHARELATOS E CICLOS FORMATIVOS. • AVALIACIÓN/PROMOCIÓN. CHARLAS PARA 4º DE ESO: • ESTRUCTURA DO SISTEMA EDUCATIVO DESPOIS DA ESO. • FPE: CICLOS FORMATIVOS DE GRADO MEDIO. • BACHARELATOS. • ESTUDOS SUPERIORES: CICLOS FORMATIVOS SUPERIORES E UNIVERSIDADE. • OUTRAS OPCIÓNS EDUCATIVAS. CHARLAS PARA 1º DE BACHARELATO: • ESTRUCTURA DE 2º DE BACHARELATO E CONEXIÓN CON ESTUDOS POSTERIORES. • A UNIVERSIDADE CAMBIA: PROCESO DE CONVERXENCIA. • CARREIRAS DE GRADO. • DO BACHARELATO AOS CICLOS SUPERIORES. • NOVA PAU.

Estas sesións finalizarán coa realización de exercizo práctico relacionados coa toma de decisións en función dos intereses e inquedanzas manifestados polo grupo de alumnos/as para traballar de xeito individual e grupal aquelas cuestións que poden dificultar o camiño a seguir para unha toma de decisións correcta.

Doutra banda, estará a segunda parte das xornadas para a cal se seguirá unha metodoloxía de mesa redonda na que participarán seis persoas de distintas ámbitos académicos e profesionais. Estes/as profesionais contarán cal foi o seu itinerario formativo, as súas vivencias como estudantes, dificultades vividas, aspectos positivos, etc,…. e, situación actual desde a perspectiva laboral e desde a perspectiva da formación permanente.

Cando finalicen as exposicións abrirase un debate moderado para que o alumnado poida preguntar e resolver todas as dúbidas que teñan. As xornadas comezan o martes 11 de decembro de 2012 e rematan o 10 de xaneiro de 2013.

17 de decembro de 2012 | 13:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.