publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Pazos de Borbén organiza unha nova excursión ao Aquapark de Cerceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén, a través da súa Oficina de Información Xuvenil (OMIX), organiza unha nova excursión veciñal ao Aquapark de Cerceda para o próximo 12 de xullo. O prazo de inscrición termina o día 3 do mesmo mes e os participantes só terán que custear o prezo da súa entrada e a súa comida xa que o transporte corre por conta do Concello.

A saída será desde a Praza do Concello de Pazos de Borbén ás 08:30 horas e a chegada está prevista sobre as once da mañá. Ademais da visita ao parque acuático os participantes poderán visitar o xardín botánico de Cerceda. É imprescindible que todos os participantes leven consigo protección solar, unha gorra, o traxe de baño e toalla. A entrada para os nenos ata 4 anos será gratuíta, para os que teñan entre 5 e 12 será de 5 euros e de 6,50 euros para o resto.

A formalización da inscrición realizarase nas oficinas da OMIX na Casa do Concello xa que as prazas adxudicaranse por estrita orde de entrada no rexistro municipal. Os veciños empadroados terán preferencia para participar na excursión. Todos os interesados en recibir información poden facelo a través do correo electrónico en omix@pazosdeborben.org, chamando ao teléfono 986 498 934 ou nas oficinas da OMIX na Casa do Concello, de 09:00 a 14:00 horas. 

5 de xuño de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.