publicidade hoxe

A Deputación da Coruña comezará en abril as obras da travesía de San Xoán de Filgueira a Catabois, en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrolLocal Portada
A-
A+

A Deputación da Coruña comezará o vindeiro mes de abril as obras da travesía de San Xoán de Filgueira a Catabois, no concello de Ferrol, que suporán un investimento de 523.647,31 euros para mellorar a seguridade de vehículos e peóns e humanizar o entorno.

A sede da institución provincial acolleu esta mañá a sinatura do contrato coa empresa Construcciones Ponciano Nieto, a adxudicataria dos traballos, que terán un prazo de execución de catro meses.

Beirarrúas e ampliación da plataforma

As obras consistirán en dotar á estrada provincial DP 304, no tramo urbano que vai dende o punto quilométrico 0+900 ao 1+801, na cidade de Ferrol, de beirarrúas de baldosa hidráulica de 2 metros de ancho nos puntos onde non existen, así como o ensanchar o vial dende os 5,40- 6 metros actuais ata conseguir unha plataforma de 8 metros (7 metros de calzada e arcéns de 0,5 metros en ambas as dúas marxes do vial).

A actuación complétase coa creación de novas zonas de estacionamento de vehículos, canalización de pluvais e servizos afectados, nova sinalización vertical e horizontal e pavimentación da totalidade do tramo mediante o extendido dunha capa de mistura bituminosa en quente.

14 de marzo de 2018 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.