publicidade hoxe

Apertura do prazo de inscrición no Programa Madruga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O Concello do Grove informa de que dende hoxe e ata o vindeiro venres9 de setembro estará aberto o prazo de inscrición no Programa Madruga para o curso 2016-2017. Este programa ten lugar no CEIP Valle-Inclán buscando garantir a conciliación da vida laboral e familiar das familias participantes. 

O horario de funcionamento do Programa será dende as 7.30 ata o inicio da xornada escolar. Deste xeito o alumnado participante poderá entreterse antes do comezo das aulas coa práctica de xogos cooperativos, traballos manuais, actividades de lecer etc. O prezo para participar é de 30 euros ao mes inda que tamén se poden adquirir bonos de días por 2,5 euros cada día. Estes bonos pódense empregar en días soltos, dependendo das necesidades dos usuarios. 

Para a inscrición nestes servizo só é preciso anotar aos cativos no Rexistro do Concello situado no edificio administrativo da túa Alcalde Xacobe Barral. 

1 de setembro de 2016 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.