publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello pon a disposición dos interesados o proxecto das obras na parcelaria Lois – Monte de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

Con motivo das obras que se están a realizar na concentración parcelaria de Lois – Monte de Ribadumia, o Concello de Ribadumia expón para os interesados o proxecto completo, titulado baixo o nome “Infraestruturas básicas de acceso a predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Lois – Monte de Ribadumia, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2007/2013”.

Os interesados poderán consultar o documento completo nos seguintes establecementos:

- OFICINAS DO CONCELLO DE RIBADUMIA de luns a venres en horario de 08:00 a 15:00 horas

- CASA DA CULTURA DE RIBADUMIA de martes a venres :

*En horario de mañá: de 09:00 a 14:00 horas

*En horario de tarde:  de 16:00 a 20:00 horas

Por outro lado, todas as persoas que se vexan afectadas pola concentración parcelaria poderán formular as observacións por escrito ao Servizo de Infraestruturas, no edificio administrativo da Xunta de Galicia na Avda. Fernández Ladreda nº43 – 2º andar; 36071 Pontevedra. As observacións poderán ser remitidas ata o 27 de novembro. 

11 de novembro de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.