publicidade hoxe

Arroutado imponse na proba 1 da XII Regata RCN Portosin – Trofeo Ferradura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPorto do Son
A-
A+

Gran día o vivido, cun bo ambiente de regata no inicio do último trofeo do ano. Con vinte minutos de atraso saíuse en relación ao programa previsto, media ducia de barcos con base no RCN Portosín tomaron a saída en dirección Punta Alixeira á altura da praia da Arnela onde unha baliza situada nas inmediacións era obrigado paso por Babor para volver ao porto con chegada no seu interior. Dez millas e dúas horas de travesía que encheu de colorido a ría de Muros e Noia.

Ao termo comida conxunta de todas as tripulacións no restaurante do club onde comentar as incidencias do día con gran ambiente mariñeiro.

No deportivo o ARROUTADO con Lois Neu á cana conseguiu o primeiro posto tanto en real como en compensado  seguido polo ORAL GROUP de Pedro Pazos e o SARA de Rafael Blanco formando todos eles o podium provisional a falta aínda de varias probas.

A próxima cita será o 21 de novembro onde o programa establece dous bastóns ao vento de 6 millas cada un.

9 de novembro de 2015 | 20:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.